Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Neoliberalismo arrow Contos do capitalismo
Contos do capitalismo Imprimir Correo-e
Escrito por Gustavo Duch Guillot   
Martes, 03 de Abril do 2007
Mentres aquí entendemos os contos como relatos ficticios, nalgunhas terras latinoamericanas son tamén chistes. Achégolles dúas historias, xulguen vostedes.

[Galicia Hoxe

A autodestrución: Baixo o sol mexicano moradores humildes coidan o solo e observan brotar o millo. Terras que antes poboaron os seus antepasados maias. Tamén foron habitadas por guerreiros de lingua estraña que cabalgando monturas fantasmagóricas loitaron por conquistalas. Houbo loitas. Chegou un tempo de señores feudais con tantas terras que a súa vista non as podía alcanzar. Convivían con campesiños sen terra que berraban: ¡Terra e Liberdade! Houbo loitas. Agora chegan os novos conquistadores. Usan palabras do dicionario da cobiza. Chegan co escudo de Shell na lapela. Chegan co escudo de Coca-Cola na lapela. Axexan o millo que imaxinan potente carburante ou xarope goloso. Haberá loitas.

Calores: Co cambio dos climas e as calores dos nosos mares, os salmóns salvaxes cada vez terán máis dificultades para sobreviviren en liberdade. Os osos polares pasarán longas e difíciles tempadas de calor dedicando moito máis tempo a buscar salmóns que a comer. Os pescadores artesanais sufrirán pena pola desaparición do salmón salvaxe. As mulleres dos pescadores artesanais sufrirán pena pola desaparición do salmón salvaxe, mágoa polo oso e apoiarán os homes que, como os osos, dedicarán moito máis tempo a buscar pesca para alimentar as súas familias, mentres terán que incrementar aínda máis as súas xornadas para suplir o ingreso e alimento procedente da pesca.

En África as mulleres dos pescadores artesanais sufrirán pena pola desaparición do salmón salvaxe, mágoa polo oso e apoiarán os homes que, como os osos dedicarán moito máis tempo a buscar pesca para alimentar as súas familias, mentres se verán obrigadas a percorrer distancias cada vez maiores para cargar latas de auga. En África as fillas e os fillos das mulleres dos pescadores artesanais? morrerán masivamente de fame.

Nalgúns recunchos do planeta, homes e mulleres, sufrirán pena pola desaparición do salmón salvaxe, mágoa polo oso, compaixón por profesións tan meritorias como a de pescador, solidariedade co drama das mulleres africanas e rabia pola morte de tantos nenos e pícaras. Acenderán o aire climatizado para sufocar tantas calores.

 
< Ant.   Seg. >
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis