Día Internacional da loita labrega |
![]() |
![]() |
Escrito por Vía Campesiña | |
Luns, 16 de Abril do 2007 | |
Chamado do 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña.
O 17 de abril foi declarado Día Internacional da Loita Campesiña durante a Segunda Conferencia da Vía Campesiña en Tlaxcala, México, en recordo do masacre de 19 campesiños sen terra do Movemento de Traballadores Rurales Sen Terra (MST) en Brasil o 17 de abril de 1996. En celebración do Día Internacional da Loita Campesiña, A Vía Campesiña e os seus aliados están a organizar actividades e eventos en todo o mundo. Campesiño(a)s e amigo(a)s mobilizaranse esixindo as demandas seguintes: 1. As negociacións da OMC non se deberían iniciar de novo. Queremos que a Organización Mundial do Comercio quede no estado moribundo que sofre desde xullo de 2006. Baixo as políticas da OMC, a crise alimenticia e da agricultura de escala familiar tense profundizado en todos os recunchos do mundo. Chamamos a que as organizacións campesiñas e outros movementos sociais demanden que os seus gobernos poñan fin á Axenda de Doha de Desenvolvemento porque non pode haber desenvolvemento mentres os países compiten entre si, acaparando mercados agrícolas alleos. Desafiando a Axenda de Doha, os campesiños, os pescadores, gandeiros, mulleres e pobos do mundo esiximos activar a soberanía alimentaria. Chamamos a organizacións campesiñas e outros movementos sociais a discutir cos seus gobernos sobre alternativas de comercio e de produción baseadas na soberanía alimentaria e en que a agricultura salga da OMC. Chamemos a que as organizacións campesiñas e doutros movementos sociais demandan que os seus gobernos poñan fin á axenda Doha de Desenvolvemento (DDA). En realidade non pode haber o desenvolvemento mentres os países compiten un contra o outro, algúns acaparando aos mercados agrícolas alleos. Desafiando a Axenda Doha, os campesiños, os pescadores, pastoralistas, mulleres e pobos do mundo están esixindo a implementación da soberanía alimentaria. (Que é a ´Soberanía Alimentaria´? a soberanía alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos sans e culturalmente apropriados producidos con practicas ecolóxicas e sustentábeis, e o seu dereito de definir os seus propios sistemas alimentarios e agrícolas. Abrangue aos que producen, distribúen e comen os alimentos no corazón dos sistemas alimentarios, e non baixo o dominio dos mercados e as empresas. Defende os intereses e a inclusion da próxima xeración. Ofrece unha estratexia para resistir e desmantelar o regimen actual de comercio empresarial, e dirixe os sistemas de alimentos, agricultura, pastoreo e de pesca, como se determina os productores mesmos. A soberanía alimentaria prioriza as economías e mercados locais e nacionais, abranguendo o poder cos campesiños, mariñeiros artesanaies, pegureiros, coa produción, distribución e consumo dos alimentos baseados na sustentabilidade económica e ecolóxica. A soberanía alimentaria promove un comercio transparente que garante un ingreso xusto a todos e todas e o dereito dos consumidores a controlar os seus alimentos e nutrición. Asegura os dereitos de uso e manexo das nosas terras, territorios, auga, sementes, animais e biodiversidade nas mans dos que producen os alimentos. A soberanía alimentaria implica novas relacións sociais libres da opression e desigualdade entre homes e mulleres, grupos raciais, sociais e de xeracións (Parte da Declaración Nyélèni 2007, Foro Internacional da Soberanía Alimentaria en Selingue, Malí en febreiro 2007)). Chamemos a organizacións campesiñas e outros movementos sociais a discutir cos seus gobernos sobre alternativas de comercio e de produción baseadas sobre a soberanía alimentaria e que a OMC sala da agricultura. 2. Parar os Acordos de Libre Comercio (TLC) e Acordos Económicos de Sociedade (EPA, siglas en inglés) en alimentos e agricultura. Os TLC e EPAs son meros puntos de entrada creados para responder ao colapso das negociacións da OMC e para acelerar o proceso de liberalización. Non son alternativas á OMC, son o outro lado do mesmo coitelo, o coitelo do neoliberalismo. Os acordos bilaterais e rexionais deben facerse entre os campesiños e os pobos baseados no principio da solidariedade. As relacións poboo a pobo en solidariedade crearán unha fraternidade e sonoridade mentres os TLC preparan o camiño para as empresas transnacionais para destruír as economías integrais dos pobos. 3. Rematar co modelo colonial de monocultivos A historia amosa que a explotación das riquezas doutros países normalmente acontece coa agricultura de monocultivos. Este é o modelo colonial de produción porque os gobernos están preocupados só para ter comodidades en grandes cantidades e prezos baratos. Non lles importan o impacto dos monocultivos sobre a terra e os traballadores. Levan a unha destrución medioambiental e á esclavitude. Até o día de hoxe, os sistemas agrícolas baseados nos monocultivos seguen explotando a seres humanos e ao medio ambiente. Crean a sobreproducción, que á súa vez destrúe as economías campesiñas por medio do dumping dos produtos agrícolas. Demandamos que os gobernos fagan unha transición da agricultura de monocultivo a unha agricultura sustentábel baseada na produción familiar que respecta a ecoloxía ou a agro-ecoloxía, e produce alimentos sans e nutritivos. 4. Opoñerse ás políticas do Banco Mundial da terra e de desenvolvemento rural O Banco Mundial está impoñendo políticas que levan á privatización da terra, auga, servizos públicos, sementes, etc... Como consecuencia, os agricultores e as comunidades rurais son desprazados da terra e as súas vidas na terra, mentres as empresas transnacionais grandes fagocitan a meirande parte dos recursos do mundo. Estas políticas implementanse baixo o nome de "reforma agraria" (Reforma Agraria Apoiada polo Mercado do Banco Mundial). Chamemos ás organizacións dos pobos a non deixarse enganar por estas políticas neoliberais e que sigan a loitar para unha reforma agraria xenuína que asegura os dereitos das comunidades para acceder e controlar ás súas terras, territorios, augas e biodiversidade agrícola. No canto de escoitar os consellos do Banco Mundial e o FMI, os gobernos deben traballar cos seus pobos para lograr a xustiza social. 5. Rexeitar á dominación do G-8! Os países do G-8 só representan 13,5% da poboación do mundo, pero controlan 62,6% da economía mundial. Están creando unha orde mundial (economía, desenvolvemento, conflitos, medioambiental…) de tal xeito que impacto á vida de cada ser humano. Esta orde mundial imponnos unha situación en que o número de persoas con fame aumentou de 840 a 854 millóns en 2006 mentres un grupo pequeno de millonarios duplicaron o seu capital de 16 a 33 mil millóns de dólares. Uns poucos meses antes do Cume G-8 en xuño en Alemaña, estamos a denunciar as políticas propostas polos gobernos do G-8 para manter ao seu poder e para protexer aos intereses das grandes transnacionais, a costa da gran maioría da poboación do mundo. ¡Únanse ás Accións do 17 de abril! - Máis en www.viacampesina.org 1. Organizar debates públicos, talleres, pláticas, seminarios, eventos culturais, e manifestacións sobre a soberanía alimentaria como alternativo ao modelo neoliberal. Poden usar os resultados de Nyéleni 2007, o Foro de Soberanía Alimentaria (Malí, Febreiro de 2007) para diseminar información e asegurar que os principios da soberanía alimentaria son implementados no seu país. Invitar a oficiais do goberno, académicos e movementos sociais para participar. (máis información en www.nyeleni2007.org). 2. Participar en accións e actividades do 19 de abril para poñer fin aos acordos económicos EU-ACP (EPAs en inglés). 3. Únanse á campaña contra os desertos verdes! 4. A Vía Campesiña, xunto con outros movementos sociais, participaremos nas movilizaciones contra o G-8 en Rostock, Alemaña o 2 e 3 de Xuño para demostrar que as políticas alternativas son posíbeis. Chamemos ao pobo de ir a Rostock para manifestarse contra o G-8. A Vía Campesiña chama ás organizacións membros do mundo a preparar e organizar actividades, eventos e accións en conmemoración do 17 de abril. Invitemos a todas as organizacións da Vía Campesiña a conmemorar este evento nos seus campos, as súas comunidades e entre as súas organizacións nas provincias e países. Chamemos a outros movementos sociais a celebrar este evento tamén. Favor informarnos das actividades que están planificando. Publicaremos todas as accións e actividades na páxina web. Para máis información favor comunicarse con: International Operative Secretariat of La Via Campesina Pode contactar cos nosos representantes rexionais: Africa (Isabelle Dos Reis) Asia do Sueste e do Leste (Irma Yanni) Europa (Morgan Ody) América do Sur (Rita Zanotto) Email : \n Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
Seg. > |
---|