A edición feminina e feminista na Galiza postfranquista

Periodo temporal:

1975 - Actualidade

Este proxecto atinxe distintos eidos do ámbito editorial en Galiza nos últimos cincuenta anos, dende unha perspectiva feminina e feminista. Abrangue dende maquetadoras e ilustradoras a editoras que traballan en editoriais galegas ou están vencelladas a Galiza dalgún xeito (nacemento, residencia, etc.). A maiores, tamén se lle presta atención a outros espazos do mundo editorial, como son as titulacións que ofrecen formación específica ás persoas interesadas en adentrarse na profesión.

Unha das achegas que aquí facemos consiste na compilación e ordeación de datos (tanto biográficos coma bibliográfico) de ilustradoras, maquetadoras e tradutoras. Os datos vencellados atoparse no mapa asociado ao proxecto, así coma na base de datos. Por outra banda, acolleranse aquí publicacións e outros datos de interese sobre a actividade das mulleres editoras e autoras cos mesmos parámetros.

Publicacións de interese:

Vilavedra, Dolores (----): "La edición en gallego". En Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Gil Martínez, María (2021): "Arte y edición gráfica en la Galicia de la Transición: la necesidad de creación y digitalización de un archivo (contra) cultural", en Boletín de na ANABAD, 71-3, 128-146.

Bragado, Manuel (2006): "La edición en Galicia: estado de la cuestión", en Hispanística XX, 23, 177-184.

Fernán Vello, Miguel Anxo (2005): "25 anos de edición en Galicia". En 25 anos coa cultura galega, vinte e cinco perspectivas para o século XXI. Compostela: Sotelo Blanco, 47-52.

Orúe, Eva (2004): "La edición en Galicia", en Delibros, 176, 20-27.

Vídeos deste proxecto

Bases de datos deste proxecto

Membros do proxecto

  • Rocío Hernández Arias

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar a navegación no nosa web. Máis información na POLÍTICA DE COOKIES

Aceptar