logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra aviinça como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.1 Rows
- Número de acepcións atopadas: 1.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE SANTIAGO (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
aviinça
{[abinça]}
f. s. f. Avinza, acordo, convenio ou concerto entre partes e, por extensión, a decisión resultante do dito acordo: "de mia propia et livre voontade outorgo et connosco que faço aviinça con vosco Martin Serpe (...) et con o conçello da dita çidade (...) asi et tal maneira que eu des oje este dia endeante en tenpo de mia vida use de ofiçio de servente enna dita çidade" (743...3949). Outras formas: abinças (2951), aviinças (2964...6989). // 2. Avinza, contribución, cantidade normalmente fixa que se paga como resultado dun acordo entre partes: "Item que recadastes mais vos o dito Bernald Eanes de aviinça de Fernan Guardado viinte et çinquo moravedis" (3839, 6245). Outras formas: aviinças (3826, 3830, 3837). {Cfr. AVIUNDO}.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL