logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra couto como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.9 Rows
- Número de acepcións atopadas: 9.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), VOCABULARIO 1275 (1), MIRAGRES DE SANTIAGO (1), LIBRO DE NOTAS (5).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
couto
subst. .- subst. 'conxunto de varios lugares, aldeas ou parroquias que formaban un feudo ou territorio señorial e que estaban privilexiadas na exención dalgunhas cargas por pertencer directamente ó señor'. Couto, 3.29 (1342) "Eu, Affomso Eanes, notario jurado do sseñor arçibispo de Santiago ẽna ssúa vylla et couto de Ssardineyro, a esto ffoy pressente".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
[couto]
m. s. m. Couto, espacio xeográfico sobre o que un particular exerce xurisdicción, normalmente en virtude dunha concesión rexia: "E eu Afonso Garçia, notario por Garçia Fernandes, endeantado mayor de Galiza por noso sennor el rey en todas suas terras, coutos e vilas e lugares, jurdiçon e sennorio de Galiza" (5887).

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
cocto
couto
subst. .- subst. 'propiedad privada, coto'. Del latín CAUTUM; a. 1258-61 "que o abade tenya de cocto do moesteyro" (33.6), "ende ao cocto de Lestido" (34.21), 34.21, 35.4,9-10, 36.21, 40.14,22, 41.10,21, 43.5, "que les teniã forçados sous coctos en algunos lugares" (31.5) 31.9, 33.21, 34.15; a. 1262 "uossas tres quartas do couto et da herdade" (47.15); a. 1271 "en todo o couto de Monfferro" (61.3); a. 1274, 65.20.

M. C. Barreiro (1985): O léxico dos Miragres de Santiago. Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
couto
subst. .- subst. " coto, terreno acotado". 12.4 "et chegou a hũu couto de Santiago".

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
couto
m. m. 1. "Couto, terreo cercado sobre o que un particular exerce xurisdicción, normalmente en virtude dunha concesión rexia".
____ couto (2): "ten dúas leyras ẽno / couto de Mjño" 2912, 2927.
________ 2. "Couto, multa, pena pecuniaria".
________ couto (2): "Johán Boo avía posto couto e ẽbargo / en hũa súa herdade" 2972, "el alçaua e quitaua o dito couto / e enbargo en quanto podía e de dereyto deuja" 2975.
________ Do lat. cautum "disposición preventiva nas leis", neutro de cautus "garantido", "asegurado", part. de cavēre "ter coidado", "tomar precaucións", "garantir". As documentacións máis antigas remóntanse a textos portugueses do séc. XI: couto en 1082, coito en 1311 (DELP s.v. cauto). Hai abundantes documentacións galegas medievais desde o XIII: cocto en 1258-1261, copto en 1257, couto en 1260 (Martínez Montederramo s.v.), en 1288 (Martín Ribas de Sil, s.v.), e en 1416-1422 (Tato Santiago s.v.). Actualmente en port. utilízase o cultismo cauto, e en gal. segue viva a forma tradicional, couto.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL