[declarar]
| v. |
v. 'manifestar, expoñer, dar a coñecer xurando e prometendo dici-la verdade'. IImperf. P3 Declaraua, 32.102 (1419) "et o dito juramento feito, estando a elo presentes por testemoyas (...) diso que declaraua et declarou porlo dito juramento esto que se sigue". IPret. P3 Declarou, 32.103 (1419). P6 Declararõ, 32.76 (1419) "diseron perlo juramento que fizeron et declararõ todos tres en hũu et cad' ũu deles por si esto que se sigue". SImperf. P3 Declarase, 32.98 (1419) "jurou logo aos Santos Avangeus (...) et en presença de mỉ, o dito notario, et testemoyas que el ben et verdadeiramente conprise a dita carta et disese et declarase os herdamentos, casas, casares et chantados que o dito Juã Nunes avịa na dita fregresía". Declarasse, 26.20 (1412). P6 Declarasen, 28.11 (1412) "eles disesen e declarasen a verdade que soubesen sobre rrazón das herdades que ao moesteiro de San Justo perteesçía a auer"; 28.20. Declarasẽ, 32.71 (1419). Xer.: Declarando, 32.72 (1419) "et en conprindo a dita carta et en declarando o contjúdo en ela, estando presentes por testemoyas". Part.: Declarado, 43.20 (1447) "a qual venda lle así fezo (...) segundo que he contiúdo et declarado en hũa carta de venda sobr' elo feita et outorgada perante notario público". Declaradas, 31.57 (1417) "rrenũçiamos a (...) vsos et costumes en que dis que as leys deuẽ de seer declaradas ẽnos jnstromẽtos quando son feytos"; 31.73. Ás veces adquire o significado de 'expresar unha disposición xa exposta con anterioridade no documento'. IPret. P6 Declararon, 27.46 (1412) "Testemõyas que a esto foron presentes quando os sobreditos esto de suso declararon". SImperf. P6 Declarasen, 32.61 (1419) "Et a dita carta presentada et lyúda (...) pedeu (...) que lle conprisen logo a dita carta do dito Rroy Garçía, juís, en todo, segundo se en ela contijna, et que ẽna conprindo que disesen et declarasen os herdamentos en ela contjúdos". Part.: Declarada, 53.41 (1469) "des oje este día (...) poño, çedo, traspaso et rrenũçio et rremouo a dita casa suso declarada a vós et en vós"; 66.51 (1497). Declaradas, 59.18 (1482) "et das quaees ditas casas suso declaradas a outra metad son de vós". |