papel
| subst. |
.- subst. 'materia feita con farrapos, que despois de reducila a unha pasta, se estendía e secaba formando unha lámina ou folla para escribir nela'. A súa orixe parece que se remonta ó século II d.C. en China; os musulmáns xa no s. VIII fabricaban o seu papel, aínda que seguían a mante-lo seu prestixio os papeis procedentes de China e Samarcanda. En Europa, ata mediados do século XVI non se xeneraliza o seu uso debido ó custo tan caro das materias primas que se utilizaban na súa fabricación (farrapos de algodón, la, liño, seda, etc.). O material que se empregaba normalmente era o pergamiño de coiro. Cfr. Elucidário, s.v. papel. Papel, "fezira leer et publiquar aos sobreditos et a outros hũa carta d' amostacón et escomuyõ (...) escripta en papel et firmada de seu nome et de Pero Afonso, notario apostóllico" 32.12 (1419). |