logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra DEBATE como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.4 Rows
- Número de acepcións atopadas: 4.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE SANTIAGO (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
debate
m. s. m. Debate, contenda, disputa, discusión sobre unha cousa entre dúas ou máis persoas (cfr. CONTENDA): "diseron que por quanto era contenda e debate ontre Gonçalvo Serpe (...) da hua parte, e os serventes jurados do conçello da dita çidade da outra parte sobre rason das direituras e moravedis que desian que avian de aver" (8101).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
debate
m. m. "Debate, controversia, discusión".
____ debate (2): "cõpoer e cõprometer en mão de amjgos et çétera, e para avenjr e ygualar / qualqu[er] pleito ou debate que teña en esta dita terra de Postomarcos" 983, "por nos partýremos / de pl[e]yto e contenda e debate que hontre nós era" 2608; debates (9): "por / rrasõ que entre eles erã e esperauã ser pleitos, debates e cõtendas" 476, "de conprometer / os ditos debates en dous omes bõos para que o vejã e librẽ carta firme cõ poder / a las justiçias" 565, 674, "conprometíã e conprometerõ os ditos negoçios e debates" 676, 678, 794, 828, 2121, 2610.
________ Der. de debater, e este de bater, do lat. battuĕre. En port. documéntase no séc. XV (DELP s.v.). A documentación anterior en textos galegos é de 1416-1422 (Tato Santiago s.v.); estas dúas parecen as máis antigas.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL