logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra DESENBARGADO como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), HISTORIA TROIANA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
desenbargado
{desẽbargado}
Part. Part. / adx. 'que non sofre impedimento, obstáculo, estorbo, obstrucción'. Desenbargado, 10.99 (1390) "et nõ uoslo deuemos toller nẽ tjrar por máys nẽ por menos nẽ por al tanto que outro nos por ello dé (...) et faséruoslo de pas, liure et desenbargado a dereito de que(e)nquer que uoslo demãdar"; 34.25 (1422) "et prometo et outorgo de vos defender et anparar (...) et fasérvoslo sãao et de pas, libre et desenbargado a todo tenpo de quenquer que voslo demandar"; 35.20 (1422). Desẽbargado, 30.38 (1415) "et así deue ficar aa fin do dito tenpo ao moesteiro libre, quito, desẽbargado et cõ todo o perfeito et bõo paramento que y for feito". Desenbargados, 18.36 (1397). Desenbargada, 31.53 (1417) "et que nos fique libre e quita et desenbargada de vós et de vosas voses a nós"; 31.70; 40.44 (1440); 54.19 (1472); 55.45 (1476); 58.53 (1480); 62.34 (1487); 67.63 (1499). Desẽbargada, 59.45 (1482) "et fazer delas et en elas toda vosa vontad como de vosa cousa propia, libre et quita e desẽbargada". Desenbargadas, 22.19 (1403); 36.37 (1425). Desẽbargadas, 41.58 (1443).

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
[desenbargado]
part. part. de DESENBARGAR: "et daqui endeante façades de todo elo et de parte delo todo o que quiserdes et por ben toverdes asi conmo de vosas cousas propias, libres, quitas et desenbargadas" (1064).

K. M. Parker (1977): Vocabulario clasificado de los folios gallegos de la Historia Troyana. Illinois: Applied Literature Press.
desenbargado
Part. Part. librado, quitado; freed, rid, cleared: noyte nẽ dia nõ quedaron fasta que os cãpos forõ desenbargados, 194.30.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL