M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456]. |
---|
voz vós uoz [uós] [boz]
| subst. |
subst. 1.- 'parte'. Voz, "quenquer que for peyte a uós ou a uosa voz por pena o dobro da dita quantía" 9.33 (1385). Vós, "peyte a uós et a uosa vós a dita cassa dobrada" 3.23 (1342). Uoz, "peyte a uós ou a uosa uoz, a dita meatade da dita casa dobrada, et aa uoz do rrey por pena duzentas et quareenta libras" 5.27 (1345). Uos, "peyte a uós et a uosa vos a dita cassa dobrada et á uos do rrey çento et XX et quatro libras" 3.24 (1342). Uoz, "et por toda mỉa uoz et súa, prometo et outorgo que nũca demãde" 1.6 (1332). Uozes, "peyte a uós ou a uosas uozes por pena a pena do dobro" 2.32 (1341). Hai 17 ocorrencias véxase no listado s.v. uozes. |
____ | |
2.- 'poder, dereito'. Voz, "et todo jur et señorío et posisón et propiadade et voz et abçón et castón et dereito que eu ey et me perteesçe en qualquer maneira ẽnas ditas herdades" 13.37 (1395); "rrenũçio a toda exepçõ (...) et señorío et posisõ et propiadade et voz et abçón et castón et dereito que eu et a dita mjña moller avemos et nos perteesçe en qualquer maneira" 15.33 (1395); "propiedade et posisón et dereito et voz et auçõ que nós auemos et nos pertẽeçe" 17.28 (1397); "outorgo em venda pura et lyure (...) tódasllas herdades, casas et casares et chantados et eyras et cortynas et áruores et eyxydos et voz de vylla et tódasllas outras dereyturas que a mỉ perteesçẽ" 19.10 (1398). Vós, "et todo jur et señorío, propiedade et posisón et vós et auçõ que eu ey (...) de mỉ (...) o tiro" 16.27 (1397). Uoz, "senorío et posysón et proopiadade et uoz et auçõ et questóm et dereyto que eu por mỉ (...) ey" 8.33 (1381). |
____ | ____ |
3.- 'persoa, vida', é dicir, 'tempo que dura unha vida'. Voz, "por rrasón que eu teno do mosteyro de San Justo de Tojos Ouctos por tenpo da mỉa vida e por máys hũa voz hũu casal de herdade con súas casas et prantados" 48.6 (1455). Uoz, "aforamos a uós (...) o noso casal de Uoyro (...) en toda uosa vida et de hũa uoz, qual uós nomeardes ao tenpo de uoso finamento" 22.10 (1403). Este exemplo ten dúas acepcións, está claro o carácter temporal do foro, e por outra banda tamén significa 'herdeiro, sucesor', especificado no texto. |
____ | ____ |
4.- 'herdeiro, sucesor'. Voz, "faço por mỉ et por toda mỉa voz, nõ costrengidudo per força" 13.5 (1395); "de mỉ et de toda mỉa voz o tiro et tollo et en vós, o dito Juã da Estiuada (...) o pono" 13.40 (1395); "me obligo a dar outorgamento desto que se sige por mỉ et per meus bees et por todas mjñas voz et súa" 15.8 (1395); "et quero et outorgo que vós sejades voz do dito foro do dito casal" 48.16 (1455); "Et prometo (...) de o nõ rreuoquar nẽ contradiser nẽ nomear en elo outra voz en mỉa vida et soúde nẽ a tenpo de meu finamento" 48.25 (1455). Vós, "outorgo et conosco que nomeo por vós do dito foro do dito casal desde o día do tenpo de meu finamento endiante a vós, Pero Vaasques" 48.13 (1455). Uoz, "eu nẽna dita mĩa moller nẽ nosa uoz" 1.8 (1332). Vozes, "outorgo que vendo a uós, Gonçaluo G., et vosa moller, Ynés Ffernandes, et todas vosas vozes, cõvén a saber, o terço da quarta parte do casal" 6.6 (1373); "vós et todas vosas vozes que façades della vosa vontade para senpre" 6.21 (1373); "que uós, o dito Fernã Garçía, et uosa moller et uosas vozes et súas que seiades tjúdos de poer et ponades o dito terreo per uosa custa de bjña" 10.42 (1390). Hai 179 ocorrencias con esta grafía, véxase o listado s.v. vozes. En tódalas ocorrencias do plural, agás as do apartado 5, teñen a acepción de 'herdeiros ou sucesores'. Uozes, "ffazemos por nós et por todas nosas uozes" 2.4 (1341). Con esta grafía hai 17 ocorrencias vid. listado s.v. uozes. Uoses, "outorgo a uós, Affonso Eanes (...) et a moller uosa, Sancha Oanes, et a uosas uoses, conuẽ a saber, hũu tallo d' erdade" 4.6 (1343); "uós Affonso Eanes, et uosa moller et uosas uoses, aiades a dita herdade para senpre" 4.23 (1343); 8.13 (1381); 8.35 (1381); 8.38 (1381); 8.40 (1381); 42.5 (1445); 42.25 (1445); 42.45 (1445); 42.46 (1445). Voses, "fasemos por nós et por todas nosas voses" 9.5 (1385); "de nós et de todas nosas voses o tiramos" 9.24 (1385); "et de todas vosas voses" 11.8 (1390). Con esta forma hai 80 ocorrencias, véxase listado s.v. voses. Vosess, "de mỉ et de mjñas vosess o tjro" 18.28 (1397). Voçes, "por nós et por todas nossas voçes, de bõ coraçõ et de boa voontade, vẽdemos" 3.5 (1342); "et a Ssancha Oanes et a uossas voçes, cõuén a ssaber: toda aquella nossa cassa" 3.8 (1342), "dita cassa de nós et de nossas voçes o tyramos et en vós et en vossas vosses o tornamos" 3.19 (1342); "Et d' oxe este dýa en deante vós et vosas voçes a ajades et pessuedes" 3.20 (1342). Vosses, "et en vós et en vossas vosses o tornamos" 3.19 (1342). Bozes, "et ẽna dita vosa moller, et en uosas bozes et súas o poẽmos" 17.32 (1397); "faço por mỉ et por todas mjñas bozes" 18.4, 6, 28 (1397); "sem noso embargo et de nosas bozes" 38.26 (1435). |
____ | adv. |
5.- altas vozes, a altas vozes, mod. adv. 'en voz alta'. Vozes, "et fesese tres pregões de cada noue em noue días et publicamente a altas vozes ẽnas audiençias ante mỉ" 24.60 (1407); "ofiçial do dito conçello, que el, altas vozes, pregoase a dita casa con cargo de quinze morauidís" 52.23 (1469); "logo o dito Gonçal de Cornjço, altas vozes, pregoou a dita casa, disendo se avía ende persona algũa que por ela dese" 52.27 (1469); "E logo, o dito Gonçal de Cornjço, altas vozes, diso: Tres mjll et tresentos morauidís dan da dita casa, ¿hay quen dé máis?" 52.33 (1469). Voses, "o dito Gonçal de Cornjço diso, altas voses: Tres mjll et quatroçentos morauidís dan da dita casa" 52.49 (1469). |
M. C. Barreiro (1985): O léxico dos Miragres de Santiago. Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela. |
---|
voz vos
| subst. |
.- subst. 1.- " voz". 112.1 "oyrã a sua voz espãtosa ẽno dia do Juyzo"; 207.3 "et rrogarõ al[ç]ãdo a voz et diserõ..."; 226.5 "Et hũa voz diso a Sam Pedro". VOZES, 228.12 "oyrõ vozes do cãto que cantauã ençima na nuve". |
____ | |
2.- " sonido". VOZ, 141.2 "pois que oyrõ a voz do corno foronse todos para el"; 146.3 "Et Calrros oyo a voz do corno". VOZES, 125.6 "tangiã moy fortemente. Et aas vozes delas et aos soes das cãpaynas"; 126.5 "que nẽ podesen veer as carãtonas nẽ oyr as vozes das cãpaynas". |
____ | adv. |
3.- A HŨA VOZ , mod. adv. " de común acuerdo". 48.16 "ouve cõ eles cõsello que faria a Pilatus [...]. Et eles todos a hũa voz meresçia morte"; 189.12 "Et entõ todo los rromeus a hũa voz chamarõ Santiago que os ajudase". // ALTA VOZ , " en voz alta". 27.9 "Et todos ensenbra começarõ a dizer alta voz..."; 29.1 "começou a dizer asi alta voz..."; 195.10. / A MOY ALTA VOZ , 24.12 "começou [de dizer] a moy alta voz a todo o poboo...". // A MOY GRÃ VOZ , 24.9 "Et entõ Santiago a moy grã voz diso..."; 186.9; 211.13; 223.2. // DAR GRÃDES VOZES , " gritar". 232.4 "et dou grãdes vozes et diso: -Uirgẽe Señora...". |
____ | |
4.- OME DE VOZ , " hombre de palabra, hombre que lleva la palabra de Cristo". Cfr. Pensado Miragres , pág. 19, not. 7. 19.11 "et chamaualle a escriptura ome de voz et obrador de uerdade". // VOZ DE QUATRO VENTOS , 33.8. / VOZ DE SOBRE IHERUSALEM , 33.8. / VOS D' OURIENTE , VOS D' OUÇIDENTE , 33.7,8. / VOZ SOBRE OS ESPOSOS , 33.9. / VOS SOBRE TODO O POBOO , 33.10. |
F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
bos vos voz
| f. |
f. 1. "Voz, título ou dereito sucesorio e persoa que o ten". |
____ | |
bos (17): "por / bos dos Gaujnos" 501, 557, 708, 727, "toda a mjña parte que eu ey e me pertẽesçe aver por bos e herẽça do dito meu padre" 746, 756, 845, 855, 964, "lle fincou por bos de seu aboo" 997, 999, 1068, 1211, 1259, 2287, 2328, "erã estas leyras da bos que chamauã María do Lameyro" 2795; voz (4): "bẽes (...) que eu ey (...) por voz de (en branco)" 2447, 2448, 2451, 2454. |
____ | ____ |
2. "Voz, descendente, xeración de descendentes". |
____ | ____ |
boses (51): "pono e apodero en el a vós, a dita Sancha Rrodriges, e a vosas boses e herdeyros e soçesores" 714, 745, 765, 937, 959, 966, "traspaso en vós e vosas boses" 969, 996, 1007, 1033, 1044, 1045, 1054, 1055, 1072, 1081, 1147, 1159, 1207, 1216, "avedes de dar vós e vosas boses a mỉ e aas mjñas o quarto do vjno" 1216, 1221, 1222, 1226, 1227, 1230, 1259, 1281, 1283, 1415, 1419, 1420, 1426, 1538, 1566, 1987, 1991, 1992, 2002, 2036, 2252, 2290, 2330, 2335, 2350, 2361, 2372, 2397, 2404, 2424, 2552, 2557, 2568; voses (14): "a vosas voses, herdeyros e soçesores" 1142, "aforo por mỉ e por mjñas voses" 1146, 1148, 1164, 1218, 1244, 1274, 1432, 2007, 2013, 2013, 2015, 2329, 2331. |
____ | ____ |
3. "Voz, período de tempo establecido con base nas xeracións de descendentes do tomador dun foro". |
____ | ____ |
boses (2): "aforo a vós, (...) por vosa vjda e dúas boses e XXJX anos, hũa leyra" 2397, 2424. |
____ | ____ |
4. "Voz, acción xudicial". |
____ | ____ |
bos (1): "obrígome (...) de tomar o pleito e a bos contra qualque(e)r persona que vosla contraljar" 767. |
____ | ____ |
5. "Voz, representación". |
____ | ____ |
bos (1): "amos e dous de mã comũ, a bos de hũu e cada hũu de nós porlo todo" 1622. |
____ | prep. |
5.1. En voz de, loc. prep., "en representación de". |
____ | |
en bos de (1), : "por mỉ e en bos e en nome de mjña moller" 1438. |
____ | ____ |
6. "Voz, parte, cada unha das persoas ou grupo de persoas que contratan ou negocian algo". |
____ | ____ |
voz (4): "como eu, Afonso Domingues de Leiro, em hũa voz, e eu, Afonso Pereyreyros e Pero Pereyreyros e Gonçaluo Pereyreyros, que jmos en outra voz, e eu Pero Paiz de Meadelo, (...), que vou en outra voz" 2440, 2442, 2443, 2445. |
____ | ____ |
Do lat. vox, vōcis. DELP (s.v. voz) dá un único exemplo de voz, datado xa no a. 978 (tamén en Lorenzo Crónica, onde se rexistran numerosos exemplos e formas de distintas acepcións e épocas), mentres que Cunha Dicionário (s.v. voz) dá a primeira documentación no XIII. Outros exemplos das variantes boz, bozes, voses e boses en Martín Ribas de Sil (s.v. voz). Para os distintos sentidos que adquiriu o vocábulo véxanse, ademais, Niermeyer Lexicon (s.v. vox), Elucidário (s.v. voz) e Morais (s.v. voz). |