____ | ____ |
Do ár. ¡umn, tomado a través do castelán, como o demostra o tratamento de -mn- > -mbr-; a consoante t do árabe adaptouse regularmente en castelán como <ç> (DCECH s.v. azumbre). As documentacións máis antigas presentan xa o préstamo: a primeira, açunbres en 1272 (CDOseira II p. 972), açũbri en 1290 (Martínez Montederramo s.v.), açumbre en 1347 (Lorenzo Cronologia s.v. açumbre). Da súa vitalidade posterior dan fe os testemuños de Sarmiento Colección (p. 458), que grafa a voz con <z>, e de Sobreira (s.v.). Dos diccionarios modernos recólleo a Academia (DRAG), e desta E. Rodríguez (s.v.). Hoxe trátase de instituí-la forma azume (vid. Dic. Normativo, VOLGa e Dobao Pesas, p. 21), de corte etimolóxico, pero sen apoio documental nin oral. |