alfayate alfaiate alffayate
| subst. |
subst. 'xastre'. O castelán tamén coñeceu este termo, aínda que se acabou por impoñe-lo vocablo sastre sobre o ano 1302. En galego moderno aparece xastre nun doc. do 1525 (Sarm. CaG. 173r) segundo DCECH, pero no meu corpus aparece documentado no ano 1503, e penso que sería posible documentalo con anterioridade se consultase outros documentos medievais doutras zonas. Alfayate, 29.59 (1415) "Testemoyas: Domingo Afonso, alfayate"; 36.67 (1425) " Afonso Yanes Rroán, jurado, e Juã Garçía, alfayate, moradores ẽna dita villa de Noya"; 38.71; 43.70; 54.8. Alfaiate, 46.97 (1450) " Alberte Ferrnandes, alfaiate, et outros". Alffayate, 38.71 (1435) " Lopo Garçía, alfayate, et Ares, alffayate, vesino de Muro". Alfayates, 32.102 (1419) " Johán Dominges et Afonso Yanes, alfayates, veziños da dita villa". |