allear eallear enaleañar enalenar
| v. |
v. 'pasar ou transferir a outro algún dereito ou dominio que se ten sobre algunha cousa'. Inf.: Allear, 36.40 (1425) "e nõ deuedes vós (...) vender nẽ allear nen concanbear nẽ poer nẽ trasmudar nẽ traspasar nẽ dar nẽ dotar este dito foro a outra persona algũa"; 51.91 (1463) "nõ posa vender nẽ aforar nẽ allear en nỉgũa maneira"; 66.62 (1497) "nõ posades vender, trocar nẽ allear este sobredito foro que vos así fago". Eallear, 10.78 (1390) "et nõ os deuedes vender nẽ sopenorar nẽ eallear nẽ troquar (...) et se per abentura queserdes vender ou enpenorar (...) este dito aforamento em outras personas, que ante que o façades, que o façades saber a nós et ao dito moesteiro, et queréndoo nós, que nosllo dedes et façades tanto por tanto como ao outro". Enaleañar, 56.39 (1477) "nõ posades vender nẽ enpeñar nẽ enaleañar este dito foro". Enalenar, 22.21 (1403) "nõ deuedes uender nẽ sopenorar nẽ enalenar nẽ cõcanbear". Este termo, no meu corpus, aparece en documentos de aforamento, pero tamén poden darse estas condicións noutros tipos de contratos, é dicir, a prohibición de non poder vender, trocar, allear, etc. as cousas vendidas, aforadas, etc. sen o consentimento dos donos; e en caso de querer facelo teñen a obriga, por unha banda, de comunicarlles con antelación a súa intención, e por outra, o dereito de prioridade na compra. |