____ | ____ |
Do lat. anĭmālia, plural de anĭmal "animal" (DCECH s.v. alimaña). Machado considera que vén de *animaliu-, sin. de animale- (DELP s.v. almalho). Unha forma latinizada, almalium, documéntase en textos port. desde 1200-1201; almalio en 1253 (Lorenzo Cronologia s.v. almalho). En textos galegos tamén desde o XIII: almalo en 1270-1272 e almallo nas CSM; máis tarde, nun texto de 1477 citado por Sarmiento Catálogo (p. 294); tamén hai almallo e almallos en 1474 (CDGH pp. 65 e 74 respectivamente). En port. subsistiu só a nivel dialectal no alto Miño coa forma armalho "boi enteiro" (Leite de Vasconcelos, Obs. Elucidário, pp. 116-7). No gal. mod. rexístrase amais do común almallo, as var. armallo e almaio (García GVGH s.v.). |