logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra anteçesor como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.7 Rows
- Número de acepcións atopadas: 7.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), LIBRO DE NOTAS (5).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
anteçesor
anteçeçor
subst. subst. 'predecesor'. Anteçeçor, 13.63 (1395) "este sobredito cõtrauto de venda saque(e)y das notas de Afonso Monjz notario que foy da dita villa de Noya, meu anteçeçor que foy"; 15.59 (1395). Anteçesor, 28.149 (1412) "de hũu propio original de meu anteçesor Joán Moxe, notario"; 48.48 (1455) "saquey das notas de meu anteçesor".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
[anteçesor]
m. s. m. Antecesor, persoa que precedeu a outra nunha dignidade, emprego, cargo ou ministerio: "que tevese e gardase a dita tavoa, segundo que a teveran e gardaran seus anteçesores" (8649).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
anteçesor
s. s. 1. "Antecesor, predecesor, persoa que ocupou un posto con respecto ó que o segue".
____ anteçesor (1): "a parte de Sã Justo nũca lle / pagou nẽ veu pagar a seu anteçesor, Gonçaluo Mjgelles, de que(e)n / foy criado, cousa nỉgũa por rrasõ de presentaçõ" 2862.
________ 2. "Antecesor, devanceiro, antepasado".
________ anteçesores (2): "E digo que en caso que en ela labrase, / que nõ sería maraujlla labrar en mjña casa propia e solar antígoo dos / Mariños, meus anteçesores, feyta e çemẽtada en mjña propia herdade" 1829, 3007.
________ Do lat. antecĕssōrem. Documéntase antecessores no Fuero Real (Ferreira Fuero Real s.v. antecessor), e en textos galegos coa segunda acepción desde o 1320 (Lorenzo Crónica s.v. anteçessor). Antes, antezesor en 1275 en Montederramo (Martínez Montederramo s.v. antezesor).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL