F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
aquí
| adv. |
adv. "Aquí". 1. Designa o lugar onde está o que fala. |
____ | |
aquí (3): "a carta do foro que aquí presento" 1412, 1669, "aquí meu nome e signo poño" 1879. |
____ | ____ |
2. Aplícase tamén para expresar un momento presente, sobre todo en frases como de aquí adeante, desde aquí adeante: |
____ | ____ |
aquí (12): "le segurou que lle faría aquí cõprimẽto de dereyto" 629, 646, 712 "desde aquí me quito / e deixo do jur" 735, 936, "que se agora vsa e vsar de aquí adeante para senpre jamays" 1215, 1546, 1569, 1597, 1819, 1855, 2215. |
____ | ____ |
Do lat. eccum hīc. Documéntase desde o séc. XIII, nas CSM, en 1267 en textos portugueses (Lorenzo Crónica s.v.), e 1261 en textos galegos (CDOseira II p. 845). En gal. mod. existe tamén as variantes eiquí e aiquí (vid. Normas p. 123); desta última hai testemuños medievais desde o XIII: ayquy en 1291 e ayqui en 1292 en Montederramo (Martínez Montederramo s.v.). |