logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra arrendar como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.9 Rows
- Número de acepcións atopadas: 9.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (6).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
[arrendar]
v. v. 'toma-lo uso dunha cousa por un tempo e un prezo determinado en contrato escrito'. IPres. P1 Arrendo, 25.17 (1409) "afórouos os ditos h[e]rdamentos des oje este dito día endeante para senpre jamais por jur de h[e]rdade, porlos quaees herdamentos que vos así arrendo, a mõtes et a fontes me vós et vosas vozes auedes de dar (...) para senpre por foro et çenso (...) en cada ũu ano vijnte et dous morauidís".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
[arrendar]
v. tr. v. tr. Arrendar, ceder ou adquirir por precio o goce ou aproveitamento temporal de cousas, obras e servicios: "a casa do pescado que de vos ten arrendada" (3824). Repárese en que o arrendamento era un procedemento de administración polo cal a autoridade recaía sobre unha persoa ou grupo de persoas para o exercicio dun dereito e a percepción de rendas correspondentes mediante unha suma pagada dunha soa vez polo ou polos arrendadores; o arrendamento de tributos era práctica común: "da alcavala que tevo arrendada" (7325). Formas: P6 SPret.: arrendasen (1153...6514); arrendassem (3096). {Cfr. ARRENDADO}.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{arrendar}
.- ARRENDAR (1880b: rendari 1258): 1264 "como nos... arendamos... o noso herdamento... o qual herdamento de nos teuo arendado" (em Sponer 188.2, 5).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
arrendar
v. tr. v. tr. "Arrendar, alugar, cede-lo aproveitamento temporal dunha cousa a cambio dunha certa cantidade de cartos".
____IPres. IPres. P1 arrendo (4): 1170, "a qual dita alcauala vos arrendo por tres anos" 1173, 1176, 1178; IPret. P3 arrendou (3): 370, "o qual dito benefiçio le arrendou por quatro anos" 372, 377; Inf. arrendar (1): "dámosvos todo noso poder para que podades / arrendar e faser praso do dito lugar" 1362; arrẽdar (1): "como yrmão e herdeiro ẽnas ditas herdades, que porque las quere vender e arrẽdar / a outros" 538.
____ Der. de renda (vid.). Testemúñase en textos gal. desde 1264; en textos port., rendari en 1258 (Lorenzo Cronologia s.v. arrendamento).
arrendar
v. intr. v. intr. "Arrendar, amontoar terra ó redor do pé das árbores ou cepas", "da-la segunda sacha ós cultivos".
____Inf. Inf. arrendar (2): "avedes de cauar e arrendar e rrodrigar / e desfollar e cerrar e dar a ditas vjnas as outras labores que menester / ouverẽ por maneyra que por mẽgua de boo rreparo nõ se perdan" 1154, "avedes de cauar e arrendar e labrar as ditas vjnas" 1253, arrẽdar (1): "a qual dita bjna deuedes cauar, arrẽdar, podar, madeirar, sopõer e çerrar e dar as outras lauores que a vjnas se deuẽ dar" 2559.
____ Der. de renda, do lat. vg. *rĕtĭna, der. de rĕtĭnēre "reter". Con esta acepción, arrendar non vén rexistrada nos repertorios etimolóxicos. Recóllea o DRAG, quen a toma de Sobreira; continúa viva actualmente, como testemuña García GVGH (s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL