logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra arroyo como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.7 Rows
- Número de acepcións atopadas: 7.
- Distribución por dicionarios: CRÓNICA XERAL (1), LIBRO DE NOTAS (6).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
arroyo
masc. 'arroyo ' , del masc. de ARRŬGĬA (en Plinio Nat. Hist. XXXIII, 70 'galería de mina ') (véase Corominas DCELC I, 286b-7a; Machado DELP1 257b; DELP2 321ab; Nascentes p. 72). Una vez: 18.16 "eno - a que entõçe diziã Celet". Hay ejs. ya desde el s. IX: a. 816 "ubi se lebat vel invertet arroio, qui dicent sico, qui dicent Aqua sica. Et ex inde usque vbi dicent Aciveto, et ex inde pro ipso arroyo, usque ubi intrat in alio arroyo" (CDGH p. 387), "qui est inter Arroio, qui dicunt Quenza, pro ipso Arroio" (id. 388); a. 874 "per arrogio arguuelio" (Ferreiro II, Apénd. 24); a. 908 "iuxta arrogio selo" (id. 61); a. 944 "per arogio" (PMH Diplom. 31); a. 960 "usque in arugiu... per arrugium" (id. 49); a. 968 "inter duos arrogios" (id. 62); a. 977 "per ille aroio" (id. 75); a. 1034 "pro illo arroio" (id. 175); a. 1083 "ad illo aroio" (id. 368), etc., etc.; Gal. Estoria "os gregos som fontes dos saberes et os latinos arroyos que manã daquelas fontes dos gregos" (263.10); la grafía mod. gall.-port. es arroio. En textos casts. desde el X (arogium en 775) (ejs. en Oelschläger y Tailhan Langue vulgaire, Rom. IX, 430-1). Más ejs. ports. en Machado (Notas RP XV, 177; también Machado Voc. pré-romano, 52) y Lange 92-93.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
arroo
arroyo
m. m. "Arró, cómaro, faixa de terreo sen cultivar que limita as herdades ou está nas beiras dos ríos". Segundo o DRAG (s.v. arró), o arró serve para apacenta-lo gando e dar paso ós transeúntes para evitar que pisen e estraguen os sementados.
____ arroo (2): "quatro margas ẽno arroo do Cãçelo que entestã contra o vendaual" 2324, "do arroo de dentro das vjnas / d' Agyleyro" 2695, arroyo (1): "ẽno arroyo do Cãçelo, IIIJº margas de longo, testa contra o vẽdaual" 2284, arroos (2): "así / casas e cortes e pardjneyros, herdades e chantados e eyras e cortiñas / e arroos, a mõtes e a fontes" 2374, "sabía outras herdades e arroos e chantados e outras cousas que pertẽeçen ao dito moesteyro" 2689.
________ De etimoloxía escura. Corominas pono en relación co cast. broa "enseada chea de abras e rompentes", do célt. broga "estrema", "campo, terra", que deixou o oc. bro(g)a, de sentido moi semellante ó arró gal; este sería o resultado dun cruce de broa cun sinónimo, que podería ser aro ou máis ben arredor (definido como sinónimo de arró no DRAG). Baséase para esta hipótese, á parte de nas razóns semánticas, en que a vocal aberta que sinala a acentuación grave de Valladares (arrò) podería vir da reducción fonética de -oa a -ò (DCECH s.v. broa). Sen embargo os testemuños medievais que aquí nos aparecen e que el non coñecía parecen desmentir esta orixe.
________ Podería estar en relación co port. arrinhos "areais e enseadas, onde é fácil e copiosa a pescaria dos sáveis e lampreias no rio Douro", "pequeno areal à beira dum rio", presente no Elucidário. Sen embargo, Leite de Vasconcelos considerou que a lectura correcta era areinhos (coma un top. existente hoxe na marxe esquerda do Douro, preto do Porto, Areinho ou Ariinho), do lat. *areninus, correspondente a arenosus, arenatus, adxectivo que se substantivou (Obs. Elucidário, 1925-27, p. 120).
________ Por outro lado, a forma arroyo coa que tamén aparece fainos pensar ou ben na introducción dun iode antihiático (frecuente sobre todo na morfoloxía verbal, como moo > moio, pero non ausente noutros casos: soo > soio e xeneralizado en certos contextos fonéticos en port., cf. area > areia), ou ben na posible conexión con arroio, vocábulo hispánico prerromano procedente do masculino de arrŭgĭa, que Plinio recolleu en Hispania co sentido de "galería de mina", xa que por elas circulaba auga. É voz que se documenta desde o séc. IX (Lorenzo Crónica s.v.); pero esta hipótese ten serias obxeccións fonéticas, pois non se xustifica /ójo/ > /óo/. Ademais, arroio significaba na Idade Media "regato, corrente de auga", e seguiu vivo independentemente de arró co sentido "corrente de auga formado pola chuvia forte" (García GVGH s.v.). Unha última posibilidade é considerar unha simple confusión do escriba. Ademais, nun caso arro está escrito cun pequeno trazo por riba, polo que se podería interpretar arroeo; para máis, é o mesmo contexto có "arroyo do Cãçelo".
________ Non atopamos máis documentacións medievais desta voz, que seguiu tendo vitalidade ininterrompidamente, do que dá mostra a súa aparición na obra de Sobreira (séc. XVIII) e na actualidade, na de García GVGH (s.v.). Outras informacións en Aníbal Otero Contribuciones VII, p. 342; Lorenzo Contribución, p. 217; Pensado Rec. Corominas, pp. 337-338 e Brea Cabecera, pp. 392-393.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL