| ____ | |
aboa (5): "por bos de mjña aboa, Marina Brãca" 964, 999, "eu, como neto e herdeyro legítimo / da dita Tareyia Martíns, mjña aboa, outorgo e coñosco que cõsjnto ẽno dito cõcãbeo" 2357, 2359, 2377; avoa (1): "mjña avoa Tareyia Martíns, moller / que foy de Pero Afonso do Caruallo" 2350. |
| ____ | ____ |
Do lat. vg. aviŏla "avoíña", diminutivo de avia "avoa", e do que se xeraría o masculino, no canto de avŭlus, dim. do clásico avus (DCECH s.v. abuela). A procedencia deste étimo parece confirmala a documentación de formas intermedias do tipo auolo, auola (séc. X e XI, respectivamente), antecedentes de auoo, auoa, que se rexistran desde o XIII (Lorenzo Crónica s.v. auoa, auoo). Outros exemplos galegos de auoaa en 1262 e auoo en 1279 (Martínez Montederramo s.v.). En gal. mod. o masc. é avó, e o fem. avoa, con vocal maioritariamente aberta, aínda que tamén aparece pechada por analoxía co m.; en port. a forma fem. mod. é avó, con timbre aberto como resultado da crase vocálica, fronte ó masc. avô. |