[barbuda] {[baruda]}
| subst. |
subst. 'barbuda, moeda portuguesa de prata moi ligada, é dicir, unida con certa cantidade doutro metal'. Acuñouse no reinado de Fernando I de Portugal (1367-1383). Chamouse así por amosar un casco con celada e a lenda Fernandus Rex Portugaliae e Si dominus mihi adjutor non timebo. Tamén se chamou celada. O seu valor era de 20 soldos de 3 diñeiros; o mesmo rei despois baixou a barbuda a 14 soldos. Acuñáronse na Coruña con C R V como marca da ceca. Cfr. Elucidário, s.v. barbuda e Mateu y Llopis, s.v. barbuda. Barudas, 6.12 (1373) "vos vendo o dito casall, herdades et chãtados, (...) por cen barudas, dessta moeda que ora core eno rreyno de Castela". |