vila villa bila billa bjla uilla ujlla ujla uylla vjla vjlla vyla vylla
| subst. |
subst. 'poboación que ten algúns privilexios con que se diferencia da aldea e lugar'. O significado de vila ó longo da Idade Media foi cambiando segundo a evolución demográfica, económica e outros factores determinantes. Só darei dúas acepcións moi superficiais deste termo por causa da evolución tan complexa da vila medieval. Nun principio foi unha 'explotación agraria' e co tempo pasou a ser un 'núcleo de poboación', pero maior cá aldea. Para maior información véxase entre outros Valdeavellano Instituciones, páx. 542; Pallares-Portela Explotaciones, páxs. 99-108; Carlé Concejo, páxs. 163-179; Gacto Población, páxs. 37-41; Elucidário, s.v. villa. Vila, "morador ẽna vila de Noya" 12.6 (1394); "a mỉ perteeçen a auer et herdar ẽna vila de Ponte et em seus termỉos" 12.9 (1394); "notario público jurado do conçello da vila de Noya porlo señor arçibispo de Santiago" 20.58 (1403); "juíz que fuy da vila de Muros" 63.21 (1487); "rregedor da vila de Muros" 64.10 (1493). Para as 113 ocorrencias vid. o listado s.v. vila. Villa, "a sesta parte do agro que iaz ẽna villa da Felgeyra" 1.9 (1332); "villa de Noya" 9.4 (1385); "que eu ey et me perteesçe en toda a villa de Pumar de Rrío et en seus térmjnos" 13.13 (1395); "ẽna villa de Pumar de Rrío ẽna villa de Enzeno et en seus térmjños" 15.15 (1395); "et a mỉ perteesçen ẽna villa de Pascoal et en seus termỉos" 25.11 (1409); "ha ẽna villa de Losenteyro, ẽna fijgllesía de Sam Martino de Mynortos" 26.28 (1412). Para o resto das 147 ocorrencias con esta grafía véxase o listado s.v. villa. Bila, "notario público jurado do conçello da bila de Noya" 21.58 (1403). Para as 5 ocorrencias que hai con esta grafía véxase o listado s.v. bila. Billa, "notario desta billa de Noya, que foy". Con esta forma hai 10 ocorrencias, vid. listado s.v. billa. Bjla, "he açerca da dita bjla de Noya" 23.7 (1406); 23.8, 23.19; 24.43 (1407). Uilla, "aquella casa que está ẽna uilla de Sardineyro" 5.8 (1345); "ẽna uilla de Ponte" 7.10 (1376); 7.10 (1376). Ujlla, 10.21 (1390); 18.44 (1397). Ujla, 24.28 (1407), 24.116, 24.134. Uylla, 11.41 (1390). Vjla, "notario público jurado do conçello da vjla de Noya porlo señor arçobispo de Santiago" 23.4 (1406). Baixo esta grafía hai 9 ocorrencias, vid. listado s.v. vjla. Vjlla, "notario ppúbliquo jurado ẽna vjlla de Noya" 12.33 (1394). Hai 13 ocorrencias, véxase o listado s.v. vjlla. Vyla, "Ẽna vyla de Noya" 52.1 (1469); "estando ẽna plaça pública da dita vyla" 52.3 (1469). Baixo esta forma hai 14 ocorrencias, vid. listado s.v. vyla. Vylla, "ẽna ssúa vylla et couto de Ssardineyro" 3.30 (1342); "ẽna vylla de Pascoal et seus trýmjnos" 8.18 (1381); "ẽna vylla de Pumar de Rrío et em seus térmeos" 19.13 (1398). Con esta grafía hai 17 ocorrencias, vid. listado s.v. vylla. |