logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra carcaix como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
carcaix
m. m. "Caixa, xeralmente en forma de tubo, en que se levan as frechas".
____ carcaixes (1): "Dos carcaixes de biratõos" 2538.
________ En última instancia, procede do persa tarkaš, composto por tīr "frecha"; a forma peninsular (da que o testemuño máis antigo por agora é o esp. carcax 1250-80) debe vir do fr. ant. carcais 1213 (mod. carquois), tomado na época das cruzadas do baixo gr. karkásion, resultante dun cruce do baixo gr. tarkásion, de orixe persa, co gr. karkhésion "vaso de beber, máis ancho na boca ca na parte media" (DCECH s.v. carcaj). No port. documéntase no XVII (DELP s.v. carcás), polo que a forma do texto parece se-la forma máis antiga en gal. e port., se ben hai que ter en conta que a documentación máis antiga, que aparece, como dixemos, no romance castelán, foi empregada por Afonso X. Os diccionarios galegos modernos propoñen o sinónimo alxaba, ignorando a existencia desta forma medieval (VOLGa).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL