logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra casal como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.20 Rows
- Número de acepcións atopadas: 20.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (13), CANTIGAS DE ESCARNHO (1), VOCABULARIO 1275 (ÍNDICE ANTROPONÍMICO) (1), VOCABULARIO 1275 (1), LIBRO DE NOTAS (4).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
casal
cassal
casar
subst. subst. 'casal, casar'. É moi difícil determina-las acepcións ou significado deste termo. Vou intentar resumi-las tres hipóteses que propoñen Pallares-Portela Explotaciones para os séculos XI e XII, aínda que os documentos que eu estudio xa pertencen á Baixa Idade Media.
____ 1.- Casal como explotación familiar dependente da villa, explotada por un labrego e a súa familia, que pagaba unha renda ó señor ou propietario da terra que cultivaba.
________ 2.- O casal integrado nunha explotación máis ampla, formando parte dela, o mesmo cós outros elementos que a compoñen: "vobis vendo, id est: pumares, casales, terras cultas et incultas"; "medietatem de omni nostro quinione, quantum ibi in hoc die habemus intus et extra cum omnibus suis directuris, casas, casales, exitus et introitus ad mont eset ad aquas".
________ 3.- Casal como explotación enteiramente libre, que constitúe a base económica dunha familia campesiña.
________ Para estes autores, o casal ten dous elementos comúns: a casa, de onde tomaría o seu nome, e a existencia de terras cultivadas. O desenvolvemento do casal nos séculos seguintes, xa na Alta Idade Media, daría lugar probablemente á creación de novas aldeas.
________ Por outra banda, Jiménez Terminología define o casal como o termo utilizado para designa-las unidades básicas de explotación campesiña tipo herdade (entendendo aquí por herdade 'un conxunto de casas e terras formando unha unidade pertencente a unha soa persoa') ou caserío. As súas dimensións son modestas, divididas frecuentemente por herdanzas entre varias persoas. Ás veces casal aparece ó lado de casa e podería corresponder a algúns dos significados que lle dá Niermeyer Lexicon:
________ a) valado que rodea unha vivenda campesiña.
________ b) lugar de explotación fronte a lugar de habitación.
________ c) edificación de maior dimensión con relación á casa, onde se atopan as dependencias auxiliares.
________ Agora tratarei de compara-las semellanzas ou diferencias entre estas hipóteses e as ocorrencias de casal que aparecen nos documentos cos que traballo e ver se podo chegar a algunha conclusión.
________ Polo que deduzo das ocorrencias de casal, parece que é unha unidade básica de explotación que constitúe a base da economía familiar, pero que está integrada dentro dunha explotación máis ampla na que aparecen outros elementos que pertencen ó casal, como casas: doc. 22.8 (1403) "aforamos a uós (...) o noso casal de Uoyro (...) por tal pleito et condjçõ que (...) deuedes poer hũu ome ẽno dito lugar, et cobrir as casas do dito casal et tẽerlas cubertas et rrestoiradas, et así as deuedes de leixar". Como se pode ver, o concesionario deste aforamento ten que cumprir certas obrigas. Creo que está no certo Oro Galicia cando afirma que os foros estimulan a estabilidade das familias campesiñas, ó poñer, entre outras condicións, a construcción de edificacións, plantados e un réxime productivo que ten en conta as necesidades da familia. Doc. 32.118 (1419) "Jten máis o quarto do casal do Souto da eyra et da casa et cortyna con seus saýdos". Doc. 38.15-19 (1435) "todo noso casal que está em Pardjneyro (...) o qual casal se tẽ per penal cõ o muro do conçello, e da outra parte per penal cõ outro casal que foy lagar de mỉ"; 19-25 (1398) "o qual casal (...) vos aforamos (...) cõ todo seu teratorio et paredes et cõ todos seus pousos et plaças et ágoas vertes et emtradas e saýdas et con todas súas pertenças et dereytos, de dentro et de fóra, ao dito casal perteçentes, para que façades del et em el casa e casas e toda vosa võtade". Doc. 43.15, 16, 17, 37 (1447) "do casal de Lousame et de seus herdamentos, casas, casares, chantados ao dito casal perteesçentes".
________ O feito de que ó casal lle pertezan casas, terras e outros casares, faime pensar, por unha banda, que desde logo non é de dimensións pequenas como afirma Jiménez Terminología; o que si se pode ver é a fragmentación entre varios herdeiros ou concesionarios, segundo o tipo de contrato do que se trate. Por outra banda, que ó casal lle pertezan outros casares, lévame a sospeitar que se trataría dun pequeno núcleo de poboación, unha especie de aldea ou lugar. Das tres acepcións que propón Niermeyer Lexicon cando casal aparece ó lado de casa, non teño elementos de xuízo para aceptalas ou rexeitalas; tería que estudia-lo casal con maior profundidade, é para iso non é o lugar pertinente, nin a min me corresponde facelo.
________ Cando pasamos ó plural, casares, xa se observa unha maior especificación doutros elementos que os constitúen (casas, chantados, eiras, etc.); parece que o texto distingue entre casal e casares (ou casaes): é dicir, un casal pode ter varios casares; no relativo ós terreos ás veces podemos deducir se están cultivados; outras veces fan referencia ó destino específico a que están dedicados, por exemplo, ás viñas; outras aclaran se están a monte. Casares, 2.8 (1341) "uẽdemos (...) quanta herdade et chãtado, casa et casares, a montes et a fontes, cõ todas súas dereyturas et eixidos"; 2.22; 12.8; 13.11 (1395) "tódalas herdades et chantados, casas, casares et vjnas, postas et por poer"; 13.18 "véndovos as ditas herdades et chantados, casas et casares et vjñas et eyras et cortinas et choussuras que eu ey"; 13.33; 13.39 "et me perteesçe en qualquer maneira ẽnas ditas herdades et chantados, casas et casares et vjñas et eyras et cortiñas et chousuras"; 13.45; 13.50; 14.16; 15.13; 15.31; 15.35; 16.9 (1397) "todas quantas herdades et chantados, casas et casares et eixidos et eiras et formaas, a mõtes et a fontes, que eu ey (...) en Pumar de Rrío et en seus temỉos"; 17.10, 18.8; 19.9; 19.19; 20.9 (1403) "tódaslas herdades et chantados et casas et casares, eixidos, eiras et formaes, a mõtes et a fontes"; 20.23; 21.9; 21.23; 25.9; 26.9; 26.15; 26.21; 29.19; 29.24; 29.37; 29.48; 32.29 (1419) "dísome que el ha et lle pertẽesçe ẽna ditas fregresías et en cada ũa delas çertos herdamentos, casas, casares et chantados et áruores et que vos outros que llos teendes ascondudos et negados" 32.41 "leixedes et desenbargedes et partades et estremedes et metades ontre marquos et deuysõos (...) tódoslos ditos herdamentos, casas, casares et chantados et áruores que lle perteesçen"; 32.70; 32.99; 39.11; 43.16 (1447) "ouue feito venda (...) da meedade entregamente das tres quintas do casal de Lousame et de seus herdamentos, casas, casares, chantados ao dito casal perteesçentes"; 43.37 "dito casal de Lousame et de todos seus herdamentos, casas, casares, chantados, deuesas a el perteescentes, ondequer que vaan, a montes et a fontes"; 43.55; 45.8 (1448) "posuýa por vertude da dita doaçón a dita casa et casares et eyras et terras et árbores et súas perteenças et dereyturas (...) ẽno lugar de Barro"; 61.12; 63.12; 64.15; 68.13; 68.25; 68.73. Casaes, 8.14 (1381) "mjnas herdades, casas et casaes et chantados et cortynas et eyras"; 8.30; 11.8; 15.20; 15.42; 28.132. Cassaes, 7.7 (1376) "todas quantas herdades et chantados, casas, cassaes, a mõtes et a ffontes". Cassares, 28.102 (1412) "Jten a cabo dos cassares, tress figeiras e hũu cassal que foy casa, que jaz entre as figeiras, con súas cortijñas et eyras et quinteiros".

M. Rodrigues Lapa (19702): Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo: Galaxia ["Vocabulário galego-português", pp. 1-111].
casal
= casa de campo: {Afons' Eanes do Coton} nen ar sej' eu eno vosso casal 46.16.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid [“Índice antroponímico”].
Pedro
Perez
Casal
a. 1271, 60.7.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
casal
subst. .- subst. 'conjunto de casas o edificaciones'. Formado sobre CASA; a. 1275 "con sous casaes" (69.8).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
casal
casar
m. m. "Casal, casar, propiedade rústica composta de terreos labrantíos, árbores e granxa".
____ casal (3): "rrẽta de XV anos do casal de / Rriãgiño" 9, 30, 996, 1231, 1278, 1407, 1416, 1429, 2264, 2306, 2353, 2354, 2356, "a metade / do casal de Bretal, que he ẽna freigresja de Santa María d' Oljueyra, así / casas e cortes e pardjneyros, herdades e chantados e eyras e cortiñas / e arroos" 2373, 2377, 2385, 2430, 2434, "hũa leyra de herdade, que está ẽna agra de Deyra, que pertẽesçía ao casal de Ferrnand Sordo" 2672, 2684, 2685, 2685, 2686, 2703, 2731, 2766, 2793, 2801, 2810, 2815, 2822, 2822, 2834, 2923, 2958, 2961; casar (1): "fiso doaçõ a Sueyro / Gomes do que tijna ẽno casar de Chorẽte" 27; casaas (5): "ten en Ferreyros dous casaas, que so[ýã ser] / tres casaas, os quaes ditos casares cõ súas herdades e chantados" 2641, 2642, 2654, "os ditos casaas tijñã hũu agro ẽno Coado" 2656, "tijña en Ferreyros dous casaas, cõ súas herdades e chãtad[os], / a mõtes e a fontes, e cõ súas perteẽsças e que oýra deser que estes dou[s] / casares soýã ser tres casa[res]" 2662; casares (15): "tódaslas casas e casares, / eyras e cortijñas e herdades" 498, "así casas e casares, cortes / e ortas e enxjdos e vjnas e herdades e chantados e outras rrentas e dereyturas / e pertenẽsçias que ao dito logar pertẽesçẽ" 803, 843, 853, 960, 1067, 1208, 1452, 2355, 2642, 2647, 2647, 2663, 2664, 2921.
________ Der. de casa. O DELP data casal no ano 870, e Cunha Dicionário testemúñao en textos portugueses no séc. XVII (Cunha Dicionário, s.v.), pero xa está no Fuero Real (Ferreira Fuero Real s.v.), atestación que recolleu despois en Cunha Índice (s.v.). Outros exemplos do XIII en Montederramo: cassal en 1264, casal en 1265 (Martínez Montederramo s.v.). A súa significación debeu confluír desde moi cedo con casar, a xulgar polos nosos exemplos, onde se revelan como variantes.
________ A forma casar documéntase en textos latinos de procedencia portuguesa desde o séc. X: casares en 929, anticipando a data do DELP (1258) (Lorenzo Crónica s.v.). Outros exemplos do XIII en Montederramo: casar en 1259 (Martínez Montederramo s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL