logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra castiñeiro como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.2 Rows
- Número de acepcións atopadas: 2.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (2).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
castiñeyro
castjñeyro
castineyro
castineiro
castyneyro
[castiñeiro]
subst. subst. 'castiñeiro, árbore que dá como froito a castaña, que aparece dentro do ourizo'. Castiñeyro, 28.83 (1412) "Jten a meadade de outros dous castineyros que están juntos con este outro castiñeyro"; 28.88 "Jten a leyra que parte de juso con ovalo (...) et vay de longo ao castiñeyro verdelloso da boqua d' agra de Garçía Vellasques". Castjñeyro, 28.73 (1412) "hũa leyra que vay de longo deslo castjñeyro de Garçía Vellasques de Agro Valado"; 28.75 "a qual se ha de enfiar de longo de so o dito castjñeyro ao dito rrego". Castineyro, 26.76 (1412) "o catarino contra o castineyro arripiado"; 26.107 (1412) "jas jũto cõ o castineyro de Rrendo"; 27.19; 27.26 (1412) "dúas pereyras enteyras et hũ castineyro corto"; 27.27 "jten a sóbrelo porto hũu castineyro enteyro"; 27.28; 27.29 (1412) "ata o castineyro de Garçía Vaasques verdelloso"; 27.31; 27.36; 28.81 (1412) "et da outra parte vay topar ao castineyro tenporaão". Castineiro, 28.85; 28.91 (1412) "et vay topar na pedra de sóbrelo castineiro brauo"; 28.96; 28.97; 28.105; 32.80; 32.104; 32.125; 39.44 (1439) "hũu tallo sóbrelo castineiro seco et topa no tojal"; 39.46 "da vjña de Mãalde en dereito o castineiro verdelloso"; 39.57 "cabo do castineiro entorto"; 39.66; 39.82 (1439) "et vã topar ao castineiro grande do Noual"; 39.84; 39.111; 39.129; 39.208. Castyneyro, 26.76 (1412) "hũu cabeçeiro ẽna vjña de fondo a par do castyneyro en Tallo Bõo"; 28.79 "está en dereyto o castyneyro entorto". Castiñeiros, 28.39 (1412) "Jten o quarto de dous castiñeiros que están junto con o muro"; 28.41; 28.41; 28.84. Castjñeyros, 28.71; 28.75. Castineyros, 26.70 (1412) "et topã ẽnos castineyros que estã anbos em hũa coua"; 26.73; 26.101; 27.23 (1412) "a metade de tres castineyros cõ seus yrmãaos, hũu enteyro et hũa figeyra rregal"; 27.25; 27.29; 27.30 (1412) "jten de tres castineyros de Lestal"; 27.32; 27.34; 27.35 "jten ẽna testa de Lodeyroo dous castineyros verdellosos enteyros"; 27.37; 27.39 (1412) "et o terço de dous castineyros gonçaluos"; 27.41; 27.42; 27.43 "jten ẽna carualleyra de Pero Aluariñas sete castineyros enteyros, os seis gonçaluos et hũu brauo"; 28.82. Castineiros, 28.94; 28.106; 28.107; 28.133 (1412) "Jten ho oytauo dos castineiros vellos verdeás das Curujas"; 32.120; 39.59; 39.60 (1439) "os castineiros vellos"; 39.178.
____ Ó estudia-los termos castiñeira (coa acepción de árbore) e castiñeiro, podemos ver que algunhas veces van acompañados de certos adxectivos que fan referencia a distintas variedades destas árbores, aínda que ás veces non sexan clases distintas, senón que fan referencia ás cores, formas, tamaños, antigüidade, etc. e polo tanto trátase da mesma árbore. Antes de poñe-los adxectivos que me aparecen nos documentos, farei a seguinte precisión: as 73 ocorrencias están concentradas en 5 documentos distintos: 26; 27; 28; 32; 39; pero só abarcan 3 anos distintos: 1412; 1419; 1439. Así os documentos 26; 27 e 28 corresponden ó ano 1412; o documento 32 ó 1419 e o documento 39 ó 1439. Castiñeira: estallada, 28.91, 100 (1412); gonçaluo, 28.101; verdeal, 28.101; castiñeiro: arripiado, 26.76 (1412); brauo, 28.91, 96 (1412); corto, 27.26, 31 (1412); enteyro, 27.27 (1412); entorto, 28.79, 85 (1412); 39.57, 66 (1439); grande, 39.82 (1439); seco, 39.44; tenporaão, 28.81 (1412); verdelloso, 27.29 (1412); 28.88 (1412); 39.46, 84(1439). Castiñeiros: gonçaluos, 27.39 (1412); 28.94 (1412); vellos, 39.60 (1439); verdeás, 28.133 (1412); verdellosos, 27.35 (1412).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL