M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456]. |
---|
[coñosçer] [conoscer] [conosçer] [conoçer] [coñoscer] [coñoçer]
| v. |
v. 'coñecer, recoñecer'. IPres. P1 Conosco, 41.43 (1443) "outorgo et conosco que he et seerá por vós, os ditos conprãtes, et en voso nome et de vosa mãao et jur et posisõ, et que voslas leixo et desenbargo"; 48.12 (1455) "sen premja algũa outorgo et conosco que nomeo por vos do dito foro do dito casal (...) a vós, Pero Vaasques"; 50.40 (1462); 53.5 (1469); 54.6 (1472); 55.7 (1476); 58.11 (1480); 59.5 (1482); 61.5 (1487); 62.5 (1487); 66.4 (1497); 69.41 (1503). Conosço, 63.5 (1487) "Sepã quantos este contrabto de venda viren como eu (...) outorgo e conosço que por mjn e por todos meus herdeiros (...) que vendo firmemente et dou por jur de herdade (...) a vós, Françisco Gomes". Conoço, 56.11 (1477) "outorgo e conoço que aforo e dou en foro e çenso". Coñosco, 24.4 (1407) "outorgo et coñosco que, por rrasón que vós (...) posestes et fesestes poer em leilães et publicada almoeda a vender (...) a medade de hũa casa baixa"; 49.7 (1459); 69.5 (1503). Coñoço, 64.5 (1493). P4 Conosçemos, 44.30 (1448) "outorgamos et conosçemos que nós ygoalamos et somos sobre elo convjundos"; 51.8 (1463); 65.6 (1494); 67.5 (1499). IPret. P6 Coñosçeron, 45.16 (1448) "os quaes coñosçeron et outorgaron auer estado et estar (...) ẽna dita casa". // 'Coñecido, sabido'. Part.: Conusçuda, 1.2 (1332) "Conusçuda cousa seia a todos que eu (...) prometo". Coñuçuda, 3.2 (1341) "Coñuçuda cousa sseya a todos". |
F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
coñosçer coñoçer conoçer conoscer
| v. tr. |
v. tr. 1. "Coñecer, saber quen é ou como é certa cousa ou certa persoa". |
____ | IImperf. |
IImperf. P3 coñosçía (1): "nõ coñosçía outro herdeyro nỉ yrmão ẽno dito agro do Coado" 2650; Part. coñoçidas (1): "saluo as vjnas e cousas coñoçidas" 2756. |
____ | |
2. "Coñecer, distinguir, recoñecer, saber entre varias cousas cal é unha determinada". |
____ | IImperf. |
IImperf. P3 conoçia (1): "ben conoçía / a dita vaca" 652. |
____ | |
3. "Recoñecer, admitir como certa unha cousa". |
____ | IPres. |
IPres. P1 coñosco (1): "eu, Rroý Dominges, morador en Rriãjo, coñosco que deuo / a vós, Pero de Vilanustre çẽto e des morauidís bellos que me prestastes" 2597; IPret. P3 coñosçeu (1): "coñosçeu que os avía rreçebjdo rrealmẽte e cõ efecto" 951, "Pero Peliteyro coñosçeu que deuja ao dito Rroý Martíns outros dosentos morauidís" 1500, 1501; SPret. P3 coñosçese (2): "puso por demãda a Pero Peliteyro, que lle alcãçou por toda / cõta, pode aver hũu ano, nouẽta e tres [morauidís], que lle pedía, se o coñosçese, que llos mãdase pagar cõ as custas" 1493, "lle quedara por põer e pagar / en nome de Johán Ferrnandes de Rrúa Noua XCIIIJº morauidís, que se llos coñosçese, que lle pedía que llos mãdase / pagar" 1651; Inf. coñosçer (1): "vedraños diserõ que estas leyras / erã do moesteyro e lle perteesçẽ, pero que Lopo de Aguileyro nũca lla / quiso deixar nẽ coñosçer" 2798. |
____ | |
3.1. Nun uso específico desta acepción, aparece moi frecuentemente nos contratos xurídicos, en primeira persoa e en combinación con outorgar: outorgo e coñosco. |
____ | IPres. |
IPres. P1 coñosco (22): "outorgo e coñosco / que dou en bõa e pura doaçõ" 704, 724, 742, 848, 852, 908, 1170, "outorgo e coñosco que dou a rrẽta a vós" 1319, 1339, 1358, 1392, 1413, 1442, 1449, 1522, 1552, "por quanto o foro da dita casa he meu, coñosco que / cõsinto en el" 1562, 1583, "outorgo e coñosco e faço meu çerto, sufiçiente procurador a Gomes de Sjnde" 1694, 1961, 2357, 2370, 2597; conosco (1): "outorgo e conosco que aforo a vós" 1242; P4 coñosçemos (1): "outorgamos e coñosçemos que somos cõbenjdos e ygualados" 795. |
____ | |
Do lat. cŏgnōscĕre, lat. vulgar conōscĕre, der. de noscere. Na Idade Media rexístranse, desde o séc. XIII, as formas conocer, conhocer e conhecer; as formas propias do galego presentan o: connocida en 1251 (CDOseira I p. 621; trátase dun documento fronteirizo localizado en Zamora), conocida en 1254, conuçuda en 1257, conoszuda en 1269, cognoçuda en 1261, etc; conhocer do XIII ó XV, nas CSM, e conhecer desde o XIV só en textos portugueses (Lorenzo Crónica s.v.). En textos port. do XV aínda se pode ve-la alternancia conhocer / conhecer (Mateus s.v. conhocer). En gal. mod. aceptouse como estándar coñecer, por se-la forma común co port., a pesar da súa escasa representatividade na fala viva (VOLGa, Dic. Dúbidas s.v. conocer). |