comaro
| subst. |
.- subst. 'montículo illado de forma redondeada'. Vid. García GVGH, s.v. cómaro. Das dúas ocorrencias das que dispoño, nunha delas mesmo podería tratarse dun topónimo. Cómaro, 26.89 (1412) "jtem a leira de Mayorĩ, que ias ẽmarcada ẽna Lagada, quatro márgẽes, os tres quartos delas et por estas márgẽes tẽnas Martín do Outeyro et Rroy Botella et nós tẽemos concãbea por ella ẽno cómaro dos Pumares, et quando a súa quiserẽ entrégẽnos a nosa"; 26.91 (1412) "ẽno cómaro tẽ quatro márgẽes et a çima na lama da Agra Moíño o cabeçeiro que jas ẽna lama". |