logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra confraria como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.4 Rows
- Número de acepcións atopadas: 4.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (2), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
confraria
cõfraria
confrarya
confrarja
subst. subst. 'confraría, asociación de persoas con fins relixiosos'. Das nove ocorrencias que aparecen nos documentos cos que traballo, oito fan referencia á confraría de Santa María da vila de Noia. A outra ocorrencia fai referencia á confraría de Santo Ylyfonso da cidade de Santiago. Sobre os nomes que tivo a confraría de Noia, sabemos que se chamou: da Purísima Concepción, de Santa María a Nova e tamén Santa María dos Clérigos ou Confraría dos Clérigos. Non se sabe a data certa da súa fundación, pero xa no ano 1321 formaba Corpo Eclesiástico con oficios de Procurador e Xuíces eclesiásticos designados polos prelados con xurisdicción ordinaria. A confraría compoñíase de doce capeláns que debían de ser naturais da vila de Noia e bautizados na igrexa parroquial de Santa María. No ano 1364, segundo as escrituras da época, a Confraría de Santa María a Nova foi enriquecida polos veciños da vila de Noia con fundacións moi importantes e considerables bens; a Congregación gozaba de infinidade de privilexios, bulas, doazóns, etc. (Para maior información, cfr. Vaamonde Clérigos). Confraría, 37.32 (1434) "pagando os ditos moços, sete brancas cada ano de çensso (...) et que ficase a saluo ao dito Juã Vidal o foro da confraría de Santa María, que el ten aforado"; 52.24 (1469) "pregoase a dita casa con cargo de quinze morauidís vellos saluados que en cada vn ano en ela ha a confraría de Santa María desta dita vila"; 52.77 "cõ o dito cargo dos ditos quinse morauidís saluados que ẽna dita casa ha de cada ano a dita confraría de Santa María"; 53.47 (1469); 55.16 (1476) "cõ o encargo do foro que ẽno dito quarto de casa et orta ha en cada hũu ano a confraría de Santa María dos [Cléri]gos desta dita villa"; 55.28 "et costetuyo propietarios et verdadeiros senores do dito quarto de casa et orta cõ o dito cargo do dito foro da dita confraría". Cõfraría, 53.28 (1469) "et con cargo de quinse morauidís saluados que ẽna dita casa ha de cada vn ano a cõfraría de Santa María desta vila". Confrarýa, 56.25 (1477) "a confrarýa de Santa Marýa desta dita vila".
____ A única mención que se fai doutra confraría é á de Santo Ylyfonso de Santiago. É unha das primeiras das que se ten noticia. Estableceuse en Santiago no século XII. Era a confraría dos cambistas (os que tiñan como oficio trocar moedas). Coñecíase tamén polos seguintes nomes: Confraría do Cirial, derivado do cirio que estaba sempre aceso na cúpula da Basílica; Confraría do Ano Novo, porque era a primeiros de ano cando se renovaban os cargos, e, finalmente, Confraría de San Ildefonso, por ser este un dos santos patronos titulares. Esta é a forma como aparece citada a dita confraría neste documento. Confrarịa, 65.15 (1494) "vos açensuamos a nosa casa (...) que es syta ẽna rrúa da Caldeyrarịa, desta dita çibdad, que se estrema (...) con casas que son da confrarịa de Santo Ylyfonso et da outra parte se parte et estrema cõ casas do mõosteiro de Santa Marịa de Saar".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
confraria
f. s. f. Confraría, gremio, compañía ou unión de xentes para un fin determinado ou participar de certos privilexios; as confrarías eran verdadeiras corporacións formadas polos mestres, oficiais e mozos ou aprendices dunha mesma profesión ou oficio e rexidas por ordenanzas e estatutos propios: "estando juntados en cabidoo (...) Ruy de Melide e Juan de Fajeiras, vigarios da confraria dos çapateiros da dita çidade, e Juan Domingues de Reys e Lopo Fernandes e Afon do Ryo, vigarios e procuradores da confraria dos carniçeiros" (8898, 8900...9132). Outras formas: confrarias (8667...9232).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{confraria
cofraria}
.- *CONFRARIA: 1199 "ad confrariam celticorum .II. mrs. et .II. mod.s de pane. Ad confrariam de montanos... ad confrariam de dubria" (CDGH 86.12, 13, 14); 1103 "mandamus ad illas confrarias ubi sumus XXX.a solidos" (Doc. Med. Port. 114); 1347 "aa cofraria... ditta confraria" (CDGH 282.10, 14), etc.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL