corporal
| adx. |
.- adx. acompañando ó subst. posisón 'poder material sobre a cousa'. Tamén poderiamos pensar que se trata da toma de posesión corporal, é dicir, da presencia física da persoa; pero aquí non é o caso, como ocorre no documento 35 (1422) liñas 16, 23-24 e 25: "poýna et poso ao dito Pero Vaasques en posisón da medade do dito forno et meteu porlo braço dentro ẽno dito forno". Mais adiante estudiarei tódo o relativo á posesión, na que hai dous elementos: o corpus e o animus, (Cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. possessio). Corporal, 18.30 (1397) "poño et traspaso et rremouo per esta presente carta de venda que vos ende dou et outorgo em lugar de señorío et posysóm corporal (...) posades entrar et rreçeber et demãdar esto que dito he que vos bendo"; 24.75 (1407) "mãdo que a aja para todo senpre, sem enbargo do dito Martín Pequeno (...) et o poño et encorporo em corporal posisõ da dita medade da dita casa (...) ao dito Garçía Vaasques"; 24.126 "et en vós, o dito Garçía Baasques, et em vosas vozes o poño et rremouo et traspaso por esta presente carta que vos ende dou et outorgo em lugar de señorío et posisõ corporal, et prometo et outorgo de nõ vijnr contra esto que dito he"; 29.46 (1415); 34.23 (1422); 40.38 (1440); 41.41 (1443); 42.26 (1445); 43.48 (1447); 49.23 (1459); 53.62 (1469); 55.43 (1472); 59.39, 43 (1482); 60.86 (1484); 61.38, 40 (1487); 62.30 (1487); 64.36 (1493); 68.64 (1499). |