logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra cortiña como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.4 Rows
- Número de acepcións atopadas: 4.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
cortyña
cortina
cortiña
cortjña
cortyna
cortijña
cortijna
subst. subst. 'terreo destinado ó cultivo de legumes e cereais, xeralmente cerrado'. Tamén se di de calquera terra de boa calidade. Cortyña, 28.42 (1412) "Jten ẽna cortijña que ten Garçía Vellasques, que está trasla cortyña de San Justo, hũa boa mjllaría ẽna Agra de Ponte". Aquí máis parece un topónimo menor: Cortyña de San Justo. Creo que hai algúns casos onde se pode interpretar dese xeito, aínda que non é doado sabelo, pois ó tratarse de topónimos menores, a maioría das veces non se rexistran no Nomenclátor, ou mesmo puideron perderse; outras son apelativos transparentes. Para ter un xuízo máis axeitado habería que intentar facer enquisas de campo na zona, feito que non é pertinente neste tipo de traballo. Cortyña 28.59 (1412) "que parte con a cortyña da porcariça que labrou Afonso Gordo"; 32.123 (1419) "Jten máys o quanto que parte cõ Afonso d' Esteiro na testa da cortyña de Afonso d' Esteiro et da pedra, de que ha Johán Nunes a medade et mais a súa parte da leira do pumar"; 54.20 (1472) "e afórovos o dito agro et cortyña d' oje este día endiante". Cortiña, 54.11 (1472) "conuẽ aa saber, o meu agro et cortiña que está et he syto cabo da ponte et crus d' Argalo"; 54.13 "o qual dito agro et cortiña entesta da hũa parte ẽno rrío"; 54.17 "o qual dito agro et cortiña agora jas comesto do dito rrýo"; 54.22. Cortina, 26.49 (1412) "et a çima a cortina de Meyxeiras et a çima a leyra do Seyxo"; 32.106 (1419) "Jtẽ mays a cortina da pedra"; 39.70 (1439) "Jtem abaixo, ẽna cortina da porta da casa en que moraua"; 39.73 "está en fondo ẽno souto, cõ súa cortina"; 39.83 (1439) "está contra a cortina da nogeyra braua. Jtem ẽna cortina de so a nogeira braua, hũu tallo"; 39.86; 39.151. Cortjña, 28.93 (1412) "hũa nogeyra et hũa pereira enteira que está so a cortjña de Sant Justo". Cortyna, 28.98 (1412) "o cassal de San Justo et con a cortyna et eyra de sóbrela pereira"; 32.81 (1419) "Jtẽ a cortyna da pedra do Pumar"; 32.119 "o quarto do casal do Souto da eyra et da casa et cortyna con seus saýdos"; 44.68 (1448) "posamos fazer hũa cortyna, en que ajamos nosos meloos et froyta et verças ẽna dita herdade". Cortijña, 28.42 (1412) "Jten ẽna cortijña que ten Garçía Vellasques"; 28.119 "Jten o oytauo da cortijña de so a cortijna de Santiago". Cortijna, 28.119 (1412) "a cortijna de Santiago". Cortiñas, 13.12, 39, 50 (1395) "postas et por poer, et eyras et cortiñas et chousuras"; 39 "casares et vjñas et eyras et cortiñas et chousuras"; 50 "casas et casares et chantados et eyras et cortiñas, chousuras, que vos así vendo"; 25.10 (1409) "chantados et eyras et cortiñas et eixidos, a mõtes et a fontes"; 63.12 (1487) "casares, formaaes, eyras et cortiñas, herdades labradías e montesías". Cortynas, 8.14, 31 (1381); 19.10 (1398). Cortinas, 19.19 (1395); 39.148 (1439); 48.7 (1455). Cortijñas, 28.37 (1412); 28.95; 28.103 "entre as figeiras, con súas cortijñas et eyras et quinteiros". Para maior información sobre este termo, cfr. Jiménez Terminología, páxs. 124-125.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
cortiña
cortina
cortijña
f. f. "Cortiña, terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, legumes ou patacas".
____ cortiña (16): "o pedaço de medio jas sóbrela cortiña / de Durã" 753, 756, 1018, 2273, 2273, 2274, "entesta do outro cabo ẽna cortiña das / coles" 2276, "tẽ esta casa hũa cortiña para / colles ẽnas espaldas" 2280, 2280, 2310, 2314, 2315, 2316, 2317, 2320, 2322, cortina (4): 1986, "topa da hũa testa ẽna cortina do Castro do Rriãjiño" 2269, 2281, "cõ súa cortina ẽnas espaldas escontra a trauesja" 2321, cortiñas (1): "chantados e eyras e cortiñas / e arroos" 2374, cortinas (1): "vjna por entre as cortinas açerca da agua da fonte" 2910, cortijñas (1): "casas e casares, / eyras e cortijñas e herdades e chantados" 498.
________ Do lat. med. cortina "pequeno espacio cerrado para cultivar", dim. de cohors (vid. Niermeyer Lexicon, s.v., e supra, s.v. corte). Os exemplos máis antigos cítaos o Elucidário, no séc. XII (Elucidário s.v. cortinha). Máis adiante documéntase cortynnas nas CSM; outras atestacións en textos galegos, cortina en 1230 (CDOseira I p. 316), cortjna en 1269 (Martínez Montederramo s.v.), cortiña en 1273 (CDOseira II p. 989), curtinna en 1282 (CDOseira II p. 1105); esta última máis adiante con frecuencia desde 1349, e cortyna, con menos frecuencia, desde o mesmo ano (Martín Ribas de Sil s.v. cortina).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL