F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
custa costa
| f. |
f. 1. "Custa, o que custa en cartos as consecuencias de certa acción ou suceso, especialmente os gastos dun xuízo". |
____ | |
custas (11): "cõdenaua en praso e custas / e fiadoría a Pero Beturro" 572, 1385, "acusou o praso e lançou en custas a Gonçaluo Carrao" 1387, 1402, "so pena do / dobro da dita cõtía e de vos pagar tódaslas custas, dapnos e jntereses e menoscabos" 1462, 1477, 1493, 1669, "nõ pareçía en custas / e en praso" 1687, 1691, 2216; costa (1): "dẽ a mỉ e aas mjñas / de foro en cada ano o quarto do vjno á dorna, forro e quito de toda / costa" 1046; costas (2): "condenou a Gonçaluo de Rrial, morador en Briõ, ẽno primeyro praso e / costas" 550, "cõdenou a / Johán Collaço, morador [en] Treuoenço, en praso e fiadoría e costas" 553. |
____ | prep. |
2. A custa de, loc. prep. "á conta de, por conta de, correndo con tódolos cargos". |
____ | |
custa (1): "des mjsas rresadas a su / custa e mjsiõ" 1311. |
____ | ____ |
Der. de custar, do lat. cŏnstāre "adquirirse por certo prezo", propiamente, "estribar en, depender de", "existir", "manterse". Atéstase desde o séc. XIII nas CSM; en textos administrativos portugueses desde 1214 e galegos desde 1253 (Lorenzo Crónica s.v.). A abundancia de testemuños de custa nos textos medievais, e a aparición de costa en época tan tardía, fai pensar que esta última forma se debe atribuír ó influxo do castelán. |