logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra cume como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
cume
m. m. "Cume, cumio, trabe central e máis alta dun tellado con dúas vertentes".
____ cume (2): "veu leuar hũu cume da dita granja" 2680, "hũu cume de castaño de des / cóuodos" 2854.
________ Do lat. cŭlmen, -ĭnis "cabalete do tellado", "cumio, cima"; o -l- debeu vocalizar nun wau ou iode e, despois de cerra-la vocal precedente sería absorbida por ela. A var. cumio é postverbal de cumiar, der. de cume (DCECH s.v. cumbre). Testemúñase en textos latinos de procedencia portuguesa no séc. XIII: cume en 1257, cumen en 1258 (DELP s.v.). Para a distribución dialectal en Galicia de cumio, cume e outras variantes (clume, crume, crumio, cumen), vid. García GVGH s.v. cumio.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL