[dobra] [dobla]
| subst. |
subst. 'moeda de ouro introducida por Fernando III (1230-1252) e cuñada polos seus sucesores'. Afonso X (1252-1284) cuñouna cun castelo no anverso e un león sen coroa no reverso. Afonso XI (1312-1350) amoedouna en Sevilla, pero máis perfecta cá de Afonso X e o león coroado, en pezas de unidade e outras de 20 e 15 marabedís, que suman os 35 que valía a dobra. Pedro I (1350-1369) emitiuna en pezas de 20 marabedís e múltiplos de 10 dobras, estas en 1350. Os castellanos ou pezas de leóns e castelos, teñen como divisor unha peza de 15 marabedís. Henrique III (1390-1406) labrou a dobra seguindo a norma de Afonso XI, é dicir, de 35 marabedís cos seus divisores de 20 e 15. Xoán II (1406-1454) reformou a lei e a talla, fixo pezas de 50, 20, 10 e 1 dobra, chamadas de la banda, máis a metade desta. Por último Henrique IV (1454-1474) labrou dobras de la banda, castellanos e henriques. Dobras, 58.32 (1480) "Et véndovos a dita meetade das ditas casas con todo (...) por preçio et contía de septe mjll et quinẽtos morauidís de moeda vella que me logo dades et pagades (...) en enrriques et dobras et rrayaas de Castilla et florijs d' Aragõ, que mõtã et valen a dita contía". Doblas, 63.31 (1487) "vendo por preçio et contía de coreenta et quatro mjll et quinentos morauidís de pares de brancas que de vós rreçeuị et rreçeuo en esta gujsa, quatorze mjll e trezentos et vijnte e çinco morauidís da dita moeda que me aujades dado (...) así en dineiro como de çertas contas et déuedas que eu vos deuịa (...) e os outros trinta mjll e çento e sateenta e çinco morauidís me logo dades e pagades (...) en taças de plata e doblas e florĩjs e ducados de ouro, que montaron e valueron a dita contía dos ditos trijnta mjll e çento e sateenta e çinco morauidís da dita moeda"; 67.34 (1499) "que nos destes e pagastes (...) en doblas e castellanos de ouro e rreales de prata". |