F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
dorna
| f. |
f. "Dorna, recipiente onde se recolle o viño despois de pisa-la uva". Só aparece na expresión á dorna, que se empregaba cando a renda de viño se debía pagar en mosto. |
____ | |
dorna (7): "en cada hũu ano hũa pjpa de vjno á dorna / de XXVJ canadas vellas" 324, 1045, "dẽ a mỉ e aas mjñas / de foro en cada ano o quarto do vjno á dorna" 1046, 1150, 1249, 2405, 2557. |
____ | ____ |
De orixe incerta; adoita explicarse por un cruce entre o lat. ŭrna "cazo", "urna", con dōlium "tinalla", pero esto non xustifica a vocal aberta do gal. e port. e a ditongación do cast. duerna. Corominas cre máis probable que teña a mesma orixe có oc. dorn, fr. ant. dour, fr. dialectal dorne "medida de lonxitude", e de aí podería estenderse a "medida de capacidade", e logo á vasilla empregada para medila; daquela viría do céltico dŭrno- (DCECH s.v. duerna). |
____ | ____ |
Aparece en datas moi temperás en textos galegos, xa desde o séc. IX-X: dornas en 880-910, e logo xa na mesma expresión que temos nós: "la meatade del vino que Deus y der ala dorna" en 1256 (Lorenzo Cronologia s.v.); en 1462 documéntase tamén dorno co mesmo significado (Martín Ribas de Sil s.v.). No séc. XVIII pervivía aínda a acepción "artesa", en especial "a que se pon nos lagares para recibi-lo viño exprimido", e tamén a expresión pagar a dorna cando a renda de viño se debe pagar en mosto (Sarmiento Catálogo p. 267). Na actualidade pervive fundamentalmente con dúas acepcións: "pequena embarcación para a pesca de baixura" e "recipiente que recibe o viño despois de pisa-las uvas" (García GVGH s.v.), aínda que nos diccionarios se recolle a acepción, mal interpretada "recipiente onde se pisa a uva" (Dic. Normativo). Tamén existe o der. dorneiro "recipiente onde se pon a carne de porco a salgar" (Frampas s.v.). |