eyra [eira]
| subst. |
subst. 'lugar onde se realizan os labores da malla dos froitos e no que, xeralmente, queda colocada a palla'. Despois da sega, na eira faise unha construcción cónica cos móllos de cereal para despois mallalos, é dicir, separa-lo gran da palla nos cereais, deste xeito se remata coa malla na eira. Ten lugar no mes de agosto. Segundo Trotzit , o mallo (dous paos, un máis longo e outro máis curto, unidos por unha correa) está moi pouco difundido, case reducido á zona húmida, Galicia, norte de Portugal, área cantábrica e xa moito menos no País Vasco e Pirineos. Eyra, 26.95 (1412) "hũu quinõ que tijna ẽna eyra ẽno Curral et ias eno formal"; 28.98 (1412) "et con a cortyna et eyra de sóbrela pereira et nugeira"; 32.107 (1419); 39.75, 88, 89 (1439); 45.25 (1448) "et poendo ẽna parede de hũa eyra da dita casa en lugar de posisón". Eyras, 8.14 (1381) "chantados et cortynas et eyras que eu ey et me perteesẽ"; 8.30 "casas, casaes et chantados et eyras et cortynas que uos así uendo"; 13.12 (1395) "vjnas, postas et por poer, et eyras et cortiñas et chousuras que eu ey"; 13.18, 39, 50; 14.9 (1395) "chãtados et casas et vynas et eyras et cortes et áruores et outras quaesquer cousas"; 16.10 (1397); 19.10 (1398); 25.10 (1409); 28.103 (1412); 45.8 (1448); 48.7 (1455) "con súas casas et prantados et eyras et cortinas et rresíos, a montes"; 63.12 (1487); 68.13 (1499). Eiras, 17.11 (1397) "casares et vyna et eixidos, eiras et formaes, a mõtes et a fontes"; 20.10 (1403) "et casas et casares, eixidos, eiras et formaes, a mõtes et a fontes"; 21.10 (1403). |