logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra enfiar como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.7 Rows
- Número de acepcións atopadas: 7.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), LIBRO DE NOTAS (6).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
enfiar
v. .- v. 'xuntar, unir'. Inf.: Enfiar, 28.74 (1412) "hũa leyra que vay de longo (...) e vay topar ao rrego do Seyxo que ven da Fonte de Ponte, a qual se ha de enfiar de longo de so o dito castjñeyro ao dito rrego". IPres. P3 Enfía, 28.78 (1412) "a qual enfía en outro seyxo que está en dereyto o castineyro entorto"; 28.85 "outro tallo (...) et enfía ẽno dito castineiro de çima".

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
enfiar
v. tr. v. tr. "Enfiar, saír fiador de alguén".
____Part. Part. enfiado (1): "diso que tomaua e tomou enfiado a Ferrnand Gomes de Castẽda, morador ẽ / Castẽda, de mão e poder de Fernando de Catoyra, logartenẽte de juís, que lo tenja preso a pedimẽto de Áluaro da Egleia" 871.
____ Der. de fiar, do lat. vulgar *fīdāre, clásico fīdĕre. É esta unha acepción antiga da que non hai restos nin en port., cast. (onde si existiu, vid. DCECH s.v. fiar), ou gal. modernos. Tampouco atopamos outras documentacións medievais.
enfiar
jnfiar
v. tr. v. tr. "Enfiar, enviar a alguén perante a presencia do xuíz".
____IPret. IPret. P3 jnfiou (1): "por quanto os jnfiou o mayordomo Áluaro d' Oallo para ante o juís sobre rrasõ / de castineyros que o dito Ferrnán Rromeu tijña cortados e derramados" 554; Part. enfiado (1): "cõdenaua en praso e custas / e fiadoría a Pero Beturro cõ que(e)n fora enfiado por Garçía de Páramos" 572.
____ Der. de fío, do lat. fīlum. As documentacións máis antigas de enfiar teñen a acepción recta "meter un fío por un burato": infiar en Gil Vicente, ou a figurada "enlazar, ligar": enffiado no 1305, enfiar no XVI (Lorenzo Cronologia s.v. enfiar). A acepción xurídica que aquí nos aparece vén recollida no Elucidário, pero sen indicación de data (Elucidário s.v.); procede do sentido "poñer cousas unha detrás doutra", e de aí "dirixirse, ir cara a certo sitio".




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL