logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra erdeiro como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.6 Rows
- Número de acepcións atopadas: 6.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (2), CRÓNICA XERAL (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), CANTIGAS DE ESCARNHO (1), MIRAGRES DE SANTIAGO (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
herdeiro
herdeyro
erdeiro
subst. subst. a) 'persoa que por testamento ou por lei sucede a título universal en todo ou parte dunha herdanza'. Nas 165 ocorrencias que teño nos documentos estudiados sempre ten esta acepción, pero é interesante sinalar que na Idade Media este termo tiña outra acepción moi común 'dono dunha herdade', 'iunior' ou 'colono que vive nunha vila ou poboación cultivando a herdade dun señor e que fai súas as terras ermas que el rotura'. Para esta acepción véxase Valdeavellano Instituciones, páx. 349. Herdeiros, "vendo et firmemente outorgo (...) a vós, Gomes Ares (...) que presente estades, conprante por vós et en nome de vosa moller, Tareija Garçía, et a vosas vozes et herdeiros, conuẽ a saber, toda aquela hũa casa" 40.8 (1440); "así vendo de mỉ et de mỉas vozes et herdeiros o tiro et tollo et parto et quito" 40.35 (1440); "et em vosas vozes et herdeiros o pono, çedo, traspaso et rremouo" 40.37 (1440); "faço por mỉ et por mjñas vozes et herdeiros, de mjña propia et libre voõtade vendo" 41.5 (1443). Para as outras ocorrencias véxase o listado s.v. herdeiros. Herdeyros, "et outras tres que iasẽ en Mayorĩ, que ora teẽ os herdeyros de Martín Martís" 26.64 (1412); "aos fillos et herdeyros do dito Pero Afonso Rroã" 33.16 (1421); "conprir á outra parte de nós et súas vozes et herdeyros que o así conprir et agardar" 44.91 (1448); "conprades para vós et para vosas vozes et herdeyros, convén a saber, toda a parte et quinón de toda aquela casa baixa" 49.10 (1459). Vid. no listado s.v. herdeyros.
____ b) Herdeiros generales, 'herdeiros universais'. A sucesión universal é a que transmite ó herdeiro a totalidade ou unha parte alícuota da personalidade civil e do capital íntegro do causante, facéndoo continuador ou partícipe de tódolos bens, dereitos e obrigas que este tiña ó morrer'. (DRAE, s.v. sucesión). Herdeiros, "outorgo e conosço que por mjn e por todos meus herdeiros et suçesores, así generales como particulares, propincos ou estraños, que vendo firmemente et dou por jur de herdade para todo tenpo de senpre a vós" 63.5-6 (1487); "nos (...) herdeiros que somos e ficamos dos bẽes e herençia de Pero Gomes, (...) defunto (...) que presentes somos, conosçemos et outorgamos que por nós e por nosos herdeiros generales e particulares (...) que vendemos firmemente et damos por jur de heredade a vós" 67.5-6 (1499). {Cfr. s.v. [suçesor]}

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
herdeyro
erdeyro
erdeiro
herdeyra
'heredero, heredera' , del lat. HĒRĒDĬTĀRĬUS 'relativo a la herencia' (REW 4114). Formas: herdeyro 3.10, 5.18, 10.6 "nõ leyxou fillo - ", 307.3, 322.55, 348.16, 350.27,35, 392.5, 393.11, 448.7 (c. 292), 450.7 "nõ auia fillo - ", 481.8 "ay meu - mayor", 681.6, 771.9, 894.36 "que foy o mayor et - de seus rreynos", erdeiro 277.6, erdeyro, 299.60, herdeyros 56.39 "leyxou... estes tres fillos - ", herdeyra 292.4, 350.28, 844.18 "Deus... et a faça - eno seu rreyno". Hay formas romanceadas desde el s. X: a. 991 "et facia se eredario in ipsa eglesia" (PMH Diplom. 101); a. 1218 "homo qui fuerit gentilis aut herdeiro non sit meirinus" (PMH Leges 580); a. 1258 "homine qui fuerit gentile aut eredeiro que non seat meirino" (id. 689); a. 1273 "populator qui fuerit herdarius" (id. 731 y 732); Afonso X (B 482) "el e todos seus herdeyros" (14); CSM 224.26 "e que pois sa mort' en seu aver erdeiro ficasse", 411.87 "de ta moller Anna averas tal erdeiro / per que toda a terra sera enlumẽada"; a. 1296 "e seus herdeyros leven todos seus beys" (Duro p. 165); Gal. Estoria "pera te leyxar por meu herdeyro" (227.4), "et o mayor fillo erdeyro de Sem" (66.30); a. 1362 "et que sse torne a dita vjña a meus herdeyros... ffaço mỉa herdeyra" (Salazar 118.15-16, 120.2); a. 1454 "meus herdeyros... meus eredeyros" (CDGH 463, copia del XVI; la forma heredeiro se oye a veces modernamente en Galicia). Otros ejs. en Morais. En cast. desde el s. XI (Corominas DCELC II, 903).

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
erdeiro
s. m s. m.: herdeiro: 224.26 non podi'aver fillo de que gradoasse / e que pois sa mort'en seu aver erdeiro ficasse; 411.87 de ta moller Anna averás tal erdeiro / per que toda a terra será enlumẽada.

M. Rodrigues Lapa (19702): Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo: Galaxia ["Vocabulário galego-português", pp. 1-111].
erdeiro
: {Afonso X} e jará el e todos seus erdeiros 12.14.

M. C. Barreiro (1985): O léxico dos Miragres de Santiago. Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
erdeiro
subst. .- subst. " heredero, dueño de una heredad". ERDEIROS, 59.7 "foy criado [...] ẽna igleia de Santa Maria de Caruoeyro, [...] que era en aquel tenpo moy pequena. Et avia en ela oyto erdeiros et cada hũu deles leuaua a sua parte"; 59.9 "et cõprou aos outros erdeiros toda a sua parte".




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL