estremar
| v. |
.- v. 'estremar, delimitar, lindar uns terreos con outros'. Inf.: Estremar, 32.31 (1419) "dísome que el ha (...) çertos herdamentos, casas, casares et chantados et áruores et que vos outros que llos teendes ascondudos et negados et llos nõ queredes leixar nẽ desenbargar nẽ partyr nẽ estremar nẽ dizer a verdade que de todo sabedes". IPres. P3 Estrema, 65.14, 16 (1494) "a nosa casa (...) que es syta ẽna rrúa da Caldeyrarịa, desta çibdad, que se estrema et parte per costãa con casas que son da confrarịa de Santo Ylyfonso et da outra parte se parte et estrema cõ casas do mõosteiro de Santa Marịa de Saar". SPres. P5 Estremedes, 32.39 (1419) "do día que uos esta carta for mostrada, lyúda et publicada ou dela parte souberdes ata seis días primeiros segintes, leixedes et desenbargedes et partades et estremedes et metades ontre marquos et deuysõos (...) tódoslos herdamentos (...) que lle perteesçen". SImperf. P3 Estremase, 26.14 (1412) "et que per seu juramento lle partisse et estremase et metese ontre estacas et deuysoes os ditos herdamentos", 26.20; 39.10 (1439). P6 Estremasen, 32.71 (1419) "disesen a verdade que soubesen en rrazón dos herdamentos (...) contjúdos na dita carta et os partisen et estremasen et declarasẽ quaees et quantos eran". |