logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra exepçõ como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.2 Rows
- Número de acepcións atopadas: 2.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (2).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
exepçon
exçepçom
enxepcon
exepçõ
eixepçõ
eixepçon
exçepçõ
escepçõ
enxepçõ
eyxiçõ
eyxepçon
subst. subst. 'excepción, todo medio de defensa do que pode facer uso o demandado para rexeitar total, parcial, temporal ou definitivamente a demanda, e que non consista na negación pura e simple do dereito invocado ou dos feitos'. Cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. exceptio. O DRAE defínea como 'motivo xurídico que o demandado alega para facer ineficaz a acción do demandante, como o pago dunha débeda, a prescrición do dominio, etc.'. Cfr. s.v. excepción3. E por último o Diccionari Jurídic Catalá di que é 'título ou motivo xurídico que alega o demandado en oposición á acción exposta polo demandante'. Cfr s.v. excepció1. Exepçõ, 13.31 (1395) "et rrenũçio a toda exepçõ, que nõca ende diga o contrario, et o que máis val (...) dóuvoslo et dou en pura et justa doaçõ para senpre"; 15.30 (1395) "et rrenũçio a toda exepçõ, que nõca ende diga o contrario"; 19.25 (1398); 38.58 (1435). Eixepçõ, 16.22 (1397) "Et rrenuçio a toda eixepçõ, que nũca ende diga o contrario"; 17.23 (1397); 49.17 (1459). Eixepçón, 12.16 (1394) "et rrenunçio a toda eixepçón, que nũca ende diga o contrario"; 21.40 (1403). Exepçón, 59.30 (1482) "Et rrenũçio a toda exepçón, que nõ diga delo o contrario". Exçepçóm, 7.14 (1376) "et rrenũçio a toda exçepçóm, que nũca ende al diga". Excepçõ, 61.26 (1487) "et rrenũçio a toda excepçõ de feyto et de dereyto, que nõ diga delo o contrario". Excepçõ, 57.46 (1478) "sóbrelo qual todo rrenũçiamos a toda exçepçõ, que nõ digamos delo o contrario"; 62.20 (1487). Enxepcón, 20.41 (1403) "Et rrenũçio a toda enxepcón que nũca ende diga o contrario". Escepçõ, 18.22 (1397) "Et rrenũçio a toda escepçõ, que nũca ende diga o contrario, et se o diser, que me nõ valla". Enxepçõ, 29.35 (1415) "E rrenuçiamos a toda enxepçõ, que ende digamos o cõtrario, et se o disermos, que nos nõ valla". Eyxiçõ, 4.21 (1343) "Et rrenũçio a toda eyxiçõ, que nũca ende diga o contrario". Eyxepçón, 31.56 (1417) "E sobre esto et sobre parte delo rrenũçiamos en gẽeral et en espeçial a toda eyxepçón et ley et dereitos". A excepción máis común é a do engano.
____ Eixepçón do engano, 'excepción concedida fronte ó demandante culpable dun acto doloso a fin de que non prospere a acción entablada por el en damanda do cumprimento do negocio xurídico viciado. Ten o carácter de perpetua e perentoria'. Cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. exceptio doli mali. Eixepçón do engano, 36.31 (1425) "nẽ por dezer et alegar que en elo ouve et ha engano, sóbrelo qual rrenuçio et parto de mỉ a eixepçón do engano e a tódaslas leys et dereitos (...) que en contrario desto sejan"., 34.33 (1422) "rrenũçio eixpresamente abçón et eix[ep]çón d' engano et engratedũu et de força et a benefiçio de rrestetuyçón".




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL