logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra firma como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
firma
subst. .- subst. 'sinatura ou signo gráfico escrito pola man dunha persoa ó pé dun documento para darlle autenticidade e para afirma-lo propósito de cumpri-lo que nel se di'. Firma, 13.66 (1395) "et aquí meu nome et sinal pono en testemõyo de verdade, que tal he. Signo e firma: Gonçaluo Mjgelles, notario."; 15.65 (1395) "et aquí meu nome et synal pono en testemoyo de verdade, que tal he (...) signo e firma: Gonçaluo Mjgelles, notario"; 28.155 (1412) "meu nome et signo pono em testemoyo de verdade, que tal he. Signo e firma: Ferrnã Lopes Lamas, notario". Deste termo hai 14 ocorrencias vid. listado s.v. firma.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{firma}
.- FIRMA (994a: 1189): 1152 "si habuerit firma" (PMH Leges 380); 1179 "non currat inter illos firma, sed currat per squisa" (PMH Leges 419).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
firma
f. f. "Sinatura, nome dunha persoa, xeralmente acompañado dunha rúbrica, escrito por ela tal como ten costume de facelo, ó pé das cartas ou documentos feitos ou autorizados por ela".
____ firma (1): "esta en que vay mjña firma acustumada" 1878.
________ Der. de firmar (vid.). Testemúñase en textos portugueses desde 1152 (Lorenzo Cronologia s.v.). Hoxe no gal., para esta acepción, prefírese sinatura / asinatura (VOLGa, Léx. Admón., Dic. Dúbidas s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL