F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
florín frolýn
| m. |
m. "Florín, moeda antiga e moderna de distintos países (hoxe, de Austria e Holanda)". No séc. XV deu nome a unha moeda de ouro mandada acuñar polos reis de Aragón, copiando os floríns de Florencia; o seu valor sufriu moitas alteracións por efecto do abuso de liga no metal. |
____ | |
florín (1): "seysçentos e trijnta morauidís vellos, que logo de vós rreçebj / en çinco diñeyros castelaas e hũu florín d' ouro e en brancas" 729; floríns (2): "so pena / de çent floríns d' ouro" 815, 1435; florĩs (2): "Fiãça de C florĩs d' ouro" 3, 1514; florĩis (3): "dos outros IIIJº M LX morauidís se outorgou por bẽ pago / o dito Sueyro Gomes por quanto os rreçebeu en dobras e florĩis e diñeyros / a súa võtade" 389, "peyte a outra parte çent florĩis d' ouro / e de peso do cuño de Aragõ;" 2342, 2362; frolýs (1): "so pena de / cen frolýs quorrẽtes" 2618. |
____ | ____ |
Do it. fiorino, nome dunha moeda florentina marcada polo lirio, emblema dos Médicis. Documéntase floriins en textos administrativos galegos desde 1381, e en 1389 en textos portugueses, se ben o DELP dátao en 1416 (Lorenzo Cronologia s.v. florim). A var. frolýs supón confusión de líquidas (cfr. frol por flor). Máis exemplos en Martín Ribas de Sil e Tato Santiago (s.v.). No Elucidário hai exemplos de florim, frolys, forlys e frolyees, tamén do XV (Elucidário s.v. frolyees). |