[florin]
| subst. |
subst. 'florín, moeda de ouro'. Tivo a súa orixe en Florencia, no anverso tiña a imaxe de San Xoán e no reverso a flor de lis. Foi imitada por tódolos países, sobre todo en Aragón. O Florín de Aragón, creado por Pedro IV o Cerimonioso a imitación do de Florencia, foi labrado en Perpiñán no ano 1346. Cuñárono tódolos seus sucesores ata o reinado dos Reis Católicos, no que se rematou a súa labra. Foi amoedado en Zaragoza, Barcelona, Perpiñán, Valencia, Tortosa e Mallorca. Cando se bateu noutros lugares foi por excepción. Foi moeda exclusivamente real. Carbonell descríbeo así: "Lo florí d' Aragó ha aytal conaxença que de la una part es Sant Joan e d' altre part una flor de lyr. Es de ley de XVIII quirats, pesa LXVIII grans e val si es de pes XI sols". Variou moito o seu valor; en Castela no ano 1454 un florín equivaleu a 50 marabedís. Nas datas nas que se fala do florín aragonés nos documentos que eu estou a estudiar (1469, 1480 e 1487) non atopei a súa equivalencia, pero nos anos máis aproximados a estas datas, é dicir, en 1467 un florín equivalía a 16 soldos, 6 diñeiros barceloneses e 14 soldos valencianos e xaqueses (ou diñeiro de Aragón); e no ano 1478 equivalía a 17 soldos barceloneses, 14 soldos valencianos e 13 carlíns de Sicilia. Para maior información sobre equivalencias, cfr. Mateu y Llopis, s.v. florín e florín de Aragón. Florĩjs, 63.31 (1487) "e os outros trinta mjll e çento e sateenta e çinco morauidís me logo dades e pagades e eu de vós rreçeuo en presençia do notario e testigos de juso escritos en taças de plata e doblas e florĩjs e ducados de ouro, que montaron e valueron a dita contía dos ditos trijnta mjll e çento e sateenta e çinco morauidís da dita moeda". Florijs, 51.98 (1469) "para elo espeçialmẽte obligamos et so pena de çent florijs de ouro et de justo peso et valor, do cuno et rregno de Aragõ"; 58.32 (1480) "et por preçio et contía de septe mjll et quinẽtos morauidís de moeda vella que me logo dades et pagades et eu de vós rreçebo en presença do notario et testemoyas de juso escriptos, en enrriques et dobras et rrayaas de Castilla et florijs d' Aragõ, que mõtã et valen a dita contía". |