logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra forro como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.4 Rows
- Número de acepcións atopadas: 4.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
forro
foro
adx. adx. 'exento, libre, que non ten carga ou gravame'. Forro, 31.25 (1417) "e deuédesnos de dar vós et vosas voses a nós et a nosas voses o quarto de todo o vjño et de tódaslas outras cousas que Deus en ela der quito et forro de [todos os foros...] pago de todo o vjño"; 44.49 (1448) "eu (...) et dita mjña moller avemos de fazer et plantar forro et quito de todo custo, dísjmo a Deus primeiramente pago et mays en cada ũu ano, vijnte et quatro meloos". Foro, 10.56 (1390) "et sem desconto desto d' alí endeante que sejades tjúdos de nos dar cada ano no dito lugar quito et foro de todo custo aa dorna a terça parte do bjño que uos Deus em ella der cada ano". Forros, 44.59 (1448) "sejades tĩjúdos et obligados de dar et pagar (...) en cada ũu ano dez et oyto morauidís de moeda vella branqua, en tres dineiros, ou moeda corrente porlos tenpos que os valla, forros et quitos et exsentos, sen en eles seer feito desconto algũu"; 51.38 (1463); 54.27 (1472); 56.29 (1477); 57.19 (1478). Foros, 50.25 (1462) "por preço et contĩja de trinta et tres morauidís (...) foros et quitos et exsentos, saluados, sen eles seer feito desconto algũu".

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
forro
foro
adx. adx. "Forro, libre de certa carga".
____ forro (1): "que me dedes / de foro (...) o quinto do vjno á dorna (...) forro e quito de toda / costa" 1046; foro (1): "avedes de dar vós e vosas boses a mỉ e aas mjñas o quarto do vjno / que Deus en ela der á dorna, foro, libre e quito sen descõto algúo" 2405.
________ Do ár. horr "libre, de condición libre". Documéntase forri nun texto latino de orixe portuguesa de 1170 (DELP s.v.). Tamén se documenta no Fuero Real tanto adx. coma subs. (Ferreira Fuero Real s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL