logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra freigresja como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
freigresja
freigesía
feigresía
fligrisía
fregresía
frigresía
f. f. "Freguesía, parroquia".
____ freigresja (57): "e outros testi[moy]os e abtos d' entre / el e os da freigresja todo en / hũu quaderrno" 316, 334, 341, "morador ẽna freigresja de Santa María da Ribeyra" 362, 363, 457, 500, 522, 612, 613, 677, 702, 719, 720, 747, 791, 797, 803, 845, 896, 924, "que he ẽna freig[re]sja de Sã Gião / de Leýño" 964, 995, 1020, 1030, 1066, 1142, 1240, 1243, 1273, 1285, 1319, 1360, 1391, 1548, 1579, 1583, 1701, 1704, 1707, 2043, 2105, 2238, 2352, 2354, 2373, 2392, "segundo custume da freigresja" 2403, 2409, 2417, 2428, 2462, 2560, 2588, 2631, 2634, 2895; freigesía (1): "moradores ẽna freigesía de Santa María / d' Asados" 827, feigresía (1): "Alberte de Vilela, cura da dita feigresía" 2843; feigresja (1): "en Treuoõço, da dita feigresja" 2842; feygresja (1): "outras quaesque(e)r cousas que ha de aver por herẽça de súa madre / e padre ẽna dita feygresja" 2526; fligrisía (3): "morador e[n] Meadelo, da fligrisía de Sam Gẽgo de Vámeo" 2443, 2446, 2446; freygresja (4): "morador ẽna freygresja de Sã Mjgell / de Rranrís" 1698, 2742, 2757, 2762; fregresía (1): "ẽna fregresía d' Asados" 32; fregresja (5): "morador / ẽna fregresja de Sã Viçenço de Sespoõ" 333, 536, 855, 1063, 1274; frigresja (1): "moradores ẽna frigresja de Rriãjo" 862; fligrisías (3): "sobreditas herdades das ditas fligrisías" 2448, 2451, 2454; freigresjas (3): "Título das freigresjas que dou / dõ Rrodrigo de Luna a Sueyro Gomes " 217, 1731, 1881; fregresjas (1): "ẽnas fregresjas de Santa Coõba de Rriãjo" 1069.
________ Do lat. vulgar hispánico fili eclesiae "fillo da igrexa", onde fili é vocativo de fīlĭus "fillo", e eclesiae, xen. dunha forma vulgar no canto da clásica ecclēsĭa (DCECH s.v. feligrés). Documéntase en textos gal. desde o séc. X: fiigrigia en 936 (copia do XII), e logo, con moitas variantes formais, abundantemente a partir do XIII: filigresia en 1245, fiigresia en 1250, ffisglesia en 1260, féégregia, féégresia en 1261, frijgisia en 126?, freiguesia en 1265, fijgregia en 1293, freguesia, freeguesia en 1302, friiguisia en 1303 (Lorenzo Cronologia s.v. freguesia). Outras var.: feligrisia en 1258 (CDOseira II p. 783), figrigia en 1258 (CDOseira II p. 785), flegresia en 1272 (CDOseira II p. 971), feegrissia en 1274 (CDOseira II p. 997), feegrisia en 1275 (CDOseira II p. 1041), fiigrisia en 1277 (CDOseira II p. 1064), fellegresia en 1285 (CDOseira II p. 1118), friigrissia en 1287 (CDOseira II p. 1139) e frigresia en 1289 (CDOseira II p. 1223). Outros exemplos do XIII en Montederramo (Martínez Montederramo s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL