logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra herdade como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.17 Rows
- Número de acepcións atopadas: 17.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (5), CRÓNICA XERAL (1), CRÓNICA TROIANA (1), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), HISTORIA TROIANA (1), VOCABULARIO 1275 (1), LIBRO DE NOTAS (6).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
herdade
{erdade}
subst. subst. 'facenda de campo, bens raíces ou posesións'. É unha propiedade plena, susceptible de ser transmitida por herdanza. No DRAE na acepción 3ª indícase que en castelán medieval os termos heredad e herencia eran sinónimos. Para a súa evolución semántica haberá que ter en conta que nas fontes xurídicas romanas a hereditas se define como "succesio in universum ius quod defunctus habuit", é dicir, 'a sucesión en tódolos dereitos que tivo o defunto'. Xa en numerosos textos latinomedievais conviven os dous sentidos de hereditas : 'herdanza, bens que se herdan' e 'herdade, fundo'. Resulta claro que da 1ª acepción deriva a 2ª de 'herdade, fundo', 'conxunto de terras rurais pertencentes a un mesmo dono ou que forman parte dun lote coa casa', cousa que se explica sinxelamente polo feito de que a parte máis importante nunha herdanza naquela época eran as terras. Hoxe en día enténdese por herdade 'unha grande propiedade rústica de terreo cultivado pertencente a un mesmo dono'. Para máis información véxase Elucidário s.v. herdade. Herdade, "conuẽ de saber, quanta herdade et chãtado, casas et casares, a montes et a fontes, cõ todas súas dereyturas" 2.7 (1341); "por que uẽdím a mĩa herdade que auía ẽna frigisía de Sant' Ãdré de Cures" 2.17 (1341); "aiades a dita herdade et chãtado, casas et casares, segũdo sobredito he" 2.22 (1341); 4.17 (1343); 4.18 (1343); "Vendo a uós o dito tallo et leyras et herdade de suso ditas, segũdo sobredito he" 4.19 (1343); "uosa moller et uosas uoses, aiades a dita herdade para senpre et facades della todas uosas uoõtades" 4.23 (1343); "a quall herdade perteciịa a Tareija Oanes, mjna auoa" 6.10 (1373); "et sse a dita herdade máys vall dóuuolla en doaçõ" 6.18 (1373); 10.30 (1390); 11.10 (1390); 18.27 (1397); 20.23 (1403); 26.28 (1412); 26.32 (1412); 18.27 (1397); 26.36 (1412).
____ Leiras de herdade "conuẽ a saber, aquellas nosas leiras de herdade que som na fregrisýa de Sam Viçenço de Sispõo" 10.24 (1390); "tyuy çerto tenpo pasado hũa leira de herdade en Agra de Mar" 33.6 (1421); "dita leira de herdade" 33.16 (1421); "nõ demãdar nẽ leuar a dita leyra de herdade eu nẽ mỉas vozes, so pena de quinentos" 33.21 (1421).
________ Casal de herdade, "vida e por máys hũa voz hũu casal de herdade con súas casas et prantados et eyras" 48.6 (1455).
________ Erdade, "outorgo a uós (...) hũu tallo d' erdade qu ias en Agro Uallado" 4.7, 12, 14 (1343); 16.6 (1397); 17.7 (1397); 21.6, 23 (1403); 32.85 (1419). Con esta acepción aparece setenta e seis veces no plural. Vid. no listado s.v. herdades. Herdades, "o terço da quarta parte do cassal et herdades et chantados que fforõ de Tareija" 6.6 (1373); "vos vendo o dito casall, herdades et chãtados, así como dito he" 6.12 (1373); "A quall herdades vos deuo a ffaser de paz pere nós" 6.16 (1373). Erdades, 21.9, 13, 34, 41, 46, 50 (1403); 32.77 (1419); 42.10 (1445).
________ 2.- por jur de herdade, os herdamentos ou doazóns por jur de herdade implicaban a 'transmisión hereditaria', a tenza non outorga ó concesionario ningún dereito a transmitila hereditariamente. Só a partir do século XIII as concesións poden facerse hereditarias, cando os prestimonios, honores e tenzas vitalicias se sustitúen polos herdamentos ou doazóns de terra en plena propiedade. Herdade, "vendo para senpre firmemente et outorgo en venda pura, libre et saan, para todo senpre, por jur de herdade, a vós, Juã da Estiuada, carnjçeiro, (...) et a todas vosas voses (...) tódalas herdades et chantados, casas et casares et vjnas, postas et por poer" 13.8 (1395); "mais de mỉa propia et liure voontade vendo para senpre firmemẽte et outorgo en venda pura, libre et saan, para todo senpre, por jur de herdade, a vós, Juã da Estiuada, carnjçeiro" 15.12 (1395); "outorgo por jur de herdade para senpre jamais a vós" 20.6 (1403); "aforo a uós (...) para senpre jamais por jur de herdade, conuẽ a saber, tódoslos herdamentos" 25.9 (1409);"afórouos os ditos herdamentos des oje este dito día endeante para senpre jamais por jur de herdade et porlos quaees herdamentos que vos así arrendo" 25.16 (1409); "firmemẽte et outorgamos por jur de herdade para todo senpre a uós, Juã d' Oseira" 29.17 (1415). Con esta mesma acepción aparece nove veces máis. Vid. no listado s.v. herdade.

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
herdade
'heredad, propiedad' , del lat. HĒRĒDĬTĀTEM. Formas: herdade 135.15 "hũa çibdade... que sempre a aias por tua - ", 182.61 "forõsse logo para Salas a sua casa et a sua - ", 248.39,41, 414.19, 620.28, 630.32, 697.4 "a hũu laurador sua - ", 698.7, 767.40, 797.23, herdades 54.14 "deulle grandes - aa jgleia", 55.18, 84.26 "enrequentouo de muytas boas - ", 117.12, 292.88, 300.25, 321.52, 474.3, 475.7 (c. 313), 546.21, 548.32, 555.17,21, 654.26. Desde el s. X hay formas romanceadas y la forma lat. está ya en 817: "tu facerem uobis scripturam donationis de mea propria hereditate quam habeo in riba de Mandeo" (Sáez Doc. gall., 411); a. 965 "uendo omne mia eredidade que abeo... ipsa eredidade" (PMH Diplom. 57); a. 976 "ut faceremus uobis scripture firmitatis de erdate nostra propia... quanto in ipsa erdate aprestitu ominis est... damus uobis ista erdate... sit ipsa erdate de iuri nostro abrasa... dublemus uobis ipsa erdate" (id. 77); a. 979 "ipsa eredidade dublada" (id. 78); a. 983 "nostra eredidate" (id. 84); a. 985 "de nostras eredates... ipsas ereditates" (id. 91); a. 985 "uindimus ereditade nostra" (id. 94); a. 1033 "ipsa eredide" (id. 172); a. 1115 "de eredidade nostra" (Doc. Med. Port. III, 435). Ya en textos romances: a. 1244 "mentra moraren ena herdade aian la toda" (Ferro1 p. 14); a. 1242-1252 "quanto ha que tẽ isa herdade" (Salazar 6.14); a. 1257 "sobre herdades d' Ouana e de Mogardos... compramos herdade d' Armea" (id. 22.5, 25.3); a. 1260 "quanta herdade eu ayo" (id. 28.6); a. 1260 "por quanta herdade comprou" (id. 29.9); a. 1261 "demanda d'herdades" (id. 45.17), etc., etc. (cfr. PMH Leges 953 y 957; Sponer 118.4, 119.4, 120.12; Duro p. 162, 163, 164, 165, 168, 172, 175, 176, 204, etc.); CSM 48.2 "a agua da fonte ao cavaleiro en cuja erdade estava" (Mettmann Gloss. CSM 124-125); Pero da Ponte (1177, 1643) "mays compro mui de coraçon / erdade, se mha uend' alguen" (21); Pai Gomez Charinho (CA 256) "e outros a que da / grandes herdades" (19), etc.; Cr. Troyana "et perderemos nosa terra et nosa herdade" (II, 100.20); Gal. Estoria "et de herdade" (10.27), etc. Otros ejs. en Morais y véase el Elucidário y Lange p. 141. En cast. desde el s. XII (Pidal Cid p. 647).

K. M. Parker (1958): Vocabulario de la Crónica Troyana. Salamanca: Universidad.
herdade
f. f. bienes, herencia; property, heritage: auemos por el perdudo noso linagẽ et perdemos nosa terra et nosa herdade, II 100.20, I 261.27, I 139.17.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{herdade
heredade}
.- HERDADE (1165b: 1262; erdate 976): 1244 "mentra moraren ena herdade" (Ferro 14.5); 1242-1252 "quanto ha que tẽ isa herdade" (Salazar 6.14) etc. // 965 "omne mia eredidade... et aueo ipsa eredidade" (PMH Diplom. 57); 983 "nostra eredidate" (PMH Diplom. 84); 985 "de nostras eredates... ipsas eredidates" (id. 91); 985 "ereditade nostra" (id. 94); 1033 "ipsa eredide" (id. pg. 172); 1255 "de quanta heredade auemos" (Sponer 119.4).

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
erdade
herdade
s. f s. f.: herança: 214.18 non avia nada / senon quant'hũa eigreja... que fora de seu linnage e del ben come herdade || herdade, propriedade, fazenda: 62.9 por fazer ben tant'endevedada / foi que sa erdade ouvera perduda; 281.82, 325.31 lles faria grand'algo e dar-lles-ya herdade || 45.29, 48.2 tolleu a agua da fonte ao cavaleiro, en cuja erdade estava; 253.44 a eygreja é sua e derredor a erdade; 338.12 lavrando-lle sa herdade; 382.64 || aver e erdade : 161.15 ca outr'aver non avia no mundo, nen outr'erdade; 285.33 grand'herdade lle daria e aver; 300.64 dar aver e herdade; 335.18.

K. M. Parker (1977): Vocabulario clasificado de los folios gallegos de la Historia Troyana. Illinois: Applied Literature Press.
herdade
f. f. porción de tierra de labor, heredad; land for tilling, inherited land: moya [?] de herdades et de rrios et de mõtes et das outras cousas para que a pobla fose mays forte, 7.28.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
herdade
erdade
herdad
heredad
heredat
heredade
herrdade
subst., .- subst., 'heredad'. Del latín HĒRĒDĬTĀTEM; a. 1257 "que nos compramos herdade d' Armea" (25.3), 25.5-6,12,24, 26.6,7; a. 1260, 28.6, 29.9,13,18, 30.1,12; a. 1261, 46.24; a. 1262, 47.15; a. 1265, 49.14; a. 1268, 54.3,6,8; a. 1269, 55.12, 56.8; a. 1270, 57.10,11,19, 58.6; a. 1271, 61.1,18; a. 1272, 63.3, 64.10,11,20; a. 1274., 65.19, 66.4,10; a. 1275, 67.7; a. 1257 "sobre herdades d' Ouana e de Mogardos" (22.5), 22.13-14,18, 23.9,12,18,21,24; a. 1260, 30.2; a. 1261, 45.17, 46.3,11,13,19; a. 1265, 49.16-17, 50.2; a. 1260 "et pesuyades jur d' erdade jã por sempre" (28.9), 30.3; a. 1269, 56.12; a. 1271., 59.7,12, 60.3, 61.11; a. 1274, 66.2; a. 1275, 67.12; a. 1228 "e todas erdades quaes a uossa generacion" (18.20); a. 1275, 69.4,9; a. 1269 "a qual herdad nos auemos" (55.16); a. 1253-54 "subre una heredad de Pousa d' Armental" (12.12); a. 1253-54 "et esta heredat tenna Maria Roderiguez" (13.1), 13,6,7,8,12; a. 1253-54 "sobre la heredade d' Armental" (14.3); a. 1272 "uay firir en cima na herrdade dos frades" (63.4).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
herdade
erdade
heredade
f. f. "Herdade, conxunto de terras, casas, etc., formando unha unidade, pertencentes a unha persoa".
____ herdade (43): "Foro da herdade de Santiagiño para / vjna" 12, 409, 418, "lle tomou e entrou çerta herdade de pã labrar" 524, "entẽde aver máys da dita herdade / por vedraños" 542, 747, "a súa leyra de herdade" 916, 926, 934, 936, "a mjña parte da herdade" 960, "dou en pura e bõa doaçõ, nõ rrebocable, a vós Juã de Bustelo, / fillo de Johán de Bustelo, morador en Terrío, así como herdeyro que so[des], herdade / donde façades lugar, casas, cortes, cortiña e q[ui]nteyro" 1017, 1034, 1037, 1039, 1143, 1145, 1148, 1208, 1830, 2010, 2022, 2032, 2034, 2038, 2253, 2255, 2267, 2297, 2308, "agora está herdade labradía" 2666, 2671, 2725, 2733, 2741, 2790, 2800, 2801, 2831, 2841, 2921, 2964, 2973; erdade (2): "hũa leyra d' erdade que está en Vieyro" 2295, "tijña dous casaas d' erdade en Ferreyros" 2654; heredade (2): "mãdou que touese a dita heredade en seu / jur e posesiõ" 527, "A qual dita heredade se chama a leyra da Çerque(e)ira" 529; herdades (40): "Pesquisa de herdades e de outras / cousas do abade de Sã Justo" 313, "eyras e cortijñas e herdades e chantados" 498, 536, "el ha súa parte, / como yrmão e herdeiro ẽnas ditas herdades" 537, 799, 804, 829, 854, 961, "rrecabdar pã e bestias / e herdades que a mỉ perteescã" 979, 1041, 1053, 1066, "outras quaesque(e)r herdades e propeadades" 1209, 1275, 1363, 1408, 1417, 1452, "a qual dita / casa eu ouve de Ferrnand Peres Calujño, morador ẽno dito porto, por troque / de herdades que lle por ella dey en Rrañoo" 1528, 1561, 2176, 2253, 2286, "hũu onsao das herdades e cousas que se siguẽ" 2293, 2326, 2355, 2374, 2445, 2448, 2608, 2642, "tres casares, cõ súas herdades e chantados e perteẽsças" 2647, 2655, 2662, 2689, 2741, 2752, 2766, 2833.
________ 2. "Herdade, herdanza", na expresión por juro de herdade (vid. juro).
________ herdade (5): "vendeu a Juã Seco e Sancha / Oanes, súa moller, por juro de herdade, para senpre jamays (...) tódaslas casas e casares (...) que ella havía e tenja (...) por / bos dos Gaujnos e por herẽça de seu padre e madre, o qual todo he / desmo a Deus" 496, "outorgo e coñosco que vendo por juro de herdade para senpre / jamais" 724, 925, 1449, 2371; heredade (1): "vendo firmemẽte / por juro de heredade para senpre jamais a vós" 743.
________ Do lat. heredĭtas, -tatis "acción de herdar", "herdanza", der. de heres, -ēdis "herdeiro". A forma latina atéstase desde o séc. IX: hereditate en 817, e formas romanceadas desde o X: eredidade en 965, erdate en 976; en textos romances desde o XIII: herdade en 1244 en textos galegos (Lorenzo Crónica s.v.), se ben anticipamos erdade a 1230 (CDOseira I p. 317). Non atopamos nos repertorios cronolóxicos galegos ou portugueses outros testemuños de heredade, quizais con influencia do cast., onde heredad se documenta desde 1107 (DCECH s.v. heredad). As formas do noso texto grafadas sen o h- etimolóxico explícanse pola contracción coa prep. de, se ben esta grafía non é infrecuente na Idade Media; amais dos casos citados pódense ver máis en Ferreira Fuero Real (s.v.), Martínez Montederramo (s.v.) e Martín Ribas de Sil (s.v.).
________ A significación de herdade, na Idade Media, non facía referencia a unha grande facenda, como indica hoxe, senón a calquera tipo de propiedade, sexa "casal, quinta, herdamento, prédio rústico, vila, granja, celeiro, propriedade, aldeia, alcaria, e toda aquela fazenda que rendia ou podia render algum fruto, para quem a cultivasse ou fizesse cultivar, prescindindo de ser a tal herdade de mais ou menos extensão (...) constando, muitas vezes, de coirelas, peças ou belgas mui separadas e diversas" (Elucidário s.v.). En todo caso, trátase dun termo moi empregado, pero en contextos tales que queda sen aclarar plenamente cal era a súa exacta dimensión e significación (véxase López Carreira Ourense, esp. pp. 41-42.)




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL