logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra hucha como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
hucha
f. f. "Hucha, arca, tulla, caixa grande de madeira e con tampa para garda-la roupa, o gran, o pan, etc.".
____ hucha (1): "Tres huchas" 2534.
________ Do fr. huche (s.XIII), procedente de hūtĭca (s.IX), de orixe primitiva, quizais xermánica (DCECH s.v.). Meier Notas (s.v. hucha) recolle a opinión de Ch. Schmitt no sentido de que hūtĭca deriva do lat. uter. Documéntase en textos portugueses desde o séc. XIII, e está tamén nas CSM. En port. ten hoxe un uso limitado, e xa no XVI Duarte Nunes de Leão a consideraba "antiga" (DELP s.v. ucha). En gal. segue tendo vitalidade (García GVGH s.v. ucha).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL