logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra lagar como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CANTIGAS DE ESCARNHO (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
lagar
subst. .- subst. 'lagar, edificio ou construcción adxectiva dedicada ó almacenamento da uva e a face-lo viño'. O lagar tivo un papel moi importante no señorío, alí non só se prensaba a uva senón que era o lugar de concentración da uva procedente do cobro das rendas. É probable que o sistema de prensado fora distinto segundo o tipo de lagar, é dicir, no lagar señorial (por causa do maior volume de uva recollida) faríase con máquina ou prensa, mentres que o pisado sería máis propio do campesiño. Lagar, "hũu lagar que está daquele cabo a ponte Acheiça (...) segundo que está leuantado et edificado, o qual está junto cõ o lagar de Juã Fidalgo" 30.14, 16 (1415); "et leuãtar per el o dito lagar quanto quiserdes, sen perjuíso do dito moesteiro" 30.20 (1415); "deuedes per vosa custa rrestoirar et rreparar et adubar o dito lagar de todo o que ouver mester" 30.36 (1415); "et façades hũa casa et lagar para coller et vendimar o dito vjño (...) da dita vjña" 31.37 (1417); "e a dita vjña así posta et a dita casa et lagar feyta, que de dita vjña et casa et lagar nós (...) de todo auemos de aver o quarto segũd dito he para todo senpre" 31.40, 41 (1417); 31.75 (1417); 38.18 (1435); "outrosị fazendo et leuãtando casa de lagar junto cõ a dita vjna" 44.81 (1448). Lagares, "do dito moesteiro et dos outros seus lagares, porlo qual deuedes de dar por foro" 30.21 (1415).

M. Rodrigues Lapa (19702): Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo: Galaxia ["Vocabulário galego-português", pp. 1-111].
lagar
= lagar de azeite: {Afonso X} e virdes as azeitonas jazer per esses lagares 32.12.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
lagar
m. m. "Lagar, lugar preparado para prensar certos froitos, especialmente as uvas".
____ lagar (5): "pagar ao / tenpo do nouo en vjno a como baler, so pena do dobro, e de o / deytar ẽno boso lagar e vendimjar" 2600, 2712, "hũa pedra de lagar" 2712, 2849, 2850.
________ Der. de lago (vid.). Documéntase desde o séc. IX: lacar no 870, lagar no 933 en textos portugueses (DELP s.v.) e no Fuero Real (Ferreira Fuero Real s.v.). Outras documentacións galegas desde 1274 en Montederramo (Martínez Montederramo s.v.) e 1380 en Ribas de Sil (Martín Ribas de Sil s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL