F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
lago
| m. |
m. 1. "Estanque, pozo, depósito de auga". |
____ | |
lago (1): "ata o rrego donde / tijña Ferrnand Martíns da Rribeyra o lago do ljño" 755. |
____ | ____ |
2. "Lago, extensión de auga rodeada de terras". |
____ | ____ |
lagos (1): "cabo / dos lagos da braña" 2785. |
____ | ____ |
Do lat. lacus, -ūs "estanque", "lago", "balsa", "depósito de líquidos". As documentacións máis antigas son do séc. XI: laco en 1025, lago como topónimo en 1220, 1264 e 1272; como nome común, no XV; tódolos exemplos proceden de textos portugueses (DELP s.v.). |
____ | ____ |
A acepción moderna maioritaria é a segunda que aquí nos aparece; só encontramos nos repertorios modernos unha atestación da súa acepción máis etimolóxica como sinónimo de "estanque" ou "pozo" ("pequeño embalse donde se reúne el agua para regar; antiguamente también se curtía en él el lino. Hoi es solo lajo de regar" en Frampas s.v.). No texto refírese ó lugar cheo de auga con entrada e saída continua de auga onde se xuntaba o liño en feixes, nunha das fases da súa preparación para tecido; o nome máis habitual era pozo do liño, que aínda se conserva como topónimo (vid. GEG s.v. liño e Xocas Lobeira). |