logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra manda como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
manda
{mãda}
subst. subst. 'legado de bens ou dereitos que se fai mediante testamento'. O Elucidário dá dúas acepcións segundo os séculos nos que se emprega manda. Así, di que "no século XIII e XIV, era sinónimo de testamento. Despois se tomou por tudo o que o testador manda e determina, além do seu testamento ou codicilo". Elucidário, s.v. manda. Nos documentos nos que traballo parecen confirma-la interpretación anterior, pois no século XIV aparece soamente manda, nunca testamento, o que leva a pensar que ámbolos dous vocábulos teñen o mesmo significado, como ademais corrobora o feito de que nunha ocasión apareza coordinado con "postromeyra voontade". Manda, "toda a herança que nós avemos et nos perteeçe por hũa manda et postromeyra voontade que o dito Lourenço Fernandes fez a tenpo de seu finamento per Bẽeyto Martís, notario (...) segundo que a nos avemos et avemos de herdar porlla dita manda, vendemos a uós, segundo dito he" 9.12, 15 (1385); "outra parte delas me perteesçe por manda que me delas feso Pero Nunes Garrõ, que foy" 15.20 (1395); "ooutorgo nõ varyar nẽ rreuocar esta dita doaçó en mjña vyda et saúde nẽ en mjña manda et testamento a tenpo de meu finamento" 42.38 (1445); "conpridor et exsecutor da manda et testamẽto do dito defunto" 52.90 (1469); "nẽ la rreuocar nẽ procurar como se rreuoque en mjña vida nẽ a tenpo de meu finamỉto por manda nẽ testamẽto nẽ codeçilo nẽ por outra rrazón algũa" 55.52 (1476); "prometo et outorgo de nõ yr nẽ pasar contra esta dita donaçión (...) en juịzo nẽ fóra del, nen la rrebocar (...) en mjña vida nẽ a tenpo de meu finamjnto por manda nẽ testamento nẽ codiçillo nẽ por outra rrazón" 64.44 (1493). Mãda, "prometemos et outorgamos de uosla faser de paz senpre et a todo tenpo de quenquer que uosla enbargar perla mãda do dito Lourenço Fernandes" 9.28 (1385); "et de o nõ rreuoquar nẽ contradiser nẽ nomear en elo outra voz en mỉa vida et soúde nẽ a tenpo de meu finamento, por mãda nẽ testamento nẽ codeçilo que faça" 48.26 (1455); "para conprimento da mãda et testamẽto do dito Gomes Prego, meu marido" 61.18 (1487).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{manda}
.- MANDA (1409b-10a: 1276): 1218 "homine de prohencia qui fecerit manda cum uxore sua usque medietatem stet" (PMH Leges 578); 1228-1229 "qui fecerit manda cum sua uxore" (id. 609) (1229 nas p. 614, 617, etc.); 1077 "quos fuit de mandan" (PMH Diplom. 334); 1204 "hec mea manda" (CDGH 17.14), etc.

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
manda
s. f s. f.: legado, disposição testamentária, 75 (M) Como un crerigo contendia con un ric-ome que queria morrer que fezesse sa manda.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL