F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
marga marja
| f. |
f. "Medida agraria". |
____ | |
margas (19): "Jtem outras tres margas de herdade do Cardal" 1037, 2254, "cabo quatro margas do / clérigo cureyro da egleia" 2256, "da parte do rrío fas / esta leyra XXVIJ margas, e da outra fas XXVIIJº margas" 2261, 2261, 2266, 2270, 2284, 2296, 2298, 2303, 2303, 2308, 2312, 2314, 2324, 2791, 2926, 2929; marjas (5): "çinco marjas de herdade, que jasẽ ẽno agro do Outeyro" 926, 930, 934, "as des / marjas de herdade da Nogeyra" 1034, 2273. |
____ | ____ |
De dubidosa asignación etimolóxica; debe estar en relación co cast. marjal "medida agraria equivalente a 5 áreas e 25 centiáreas", voz granadina tomada do ár. mar¡a, moi documentado no árabe magrebí medieval e moderno (DCECH s.v. marjal). Corominas documéntaa en español en 1817 (aínda que ten que ser anterior, pois recóllese no Vocab. Med. s.v.). |
____ | ____ |
Non parece ter que ver con marxe, porque, á parte de problemas fonéticos (< lat. margo, -gĭnis), non encontramos esta acepción ó longo da súa historia (DCECH s.v. margen, DELP s.v. margem). Outras posibilidades desbótanse por razóns similares: marga < lat. marga "pedra composta de carbonato de cal e arxila, empregada como abono" (así como un der. margĭla que deixou o fr. marle) que E. Rodríguez (s.v. marxal) toma cremos que equivocadamente como base de marxal. Tamén hai outro marga "tea grosa e tosca que se emprega para sacas", do ár. vg. márfaqa (ár. mírfaqa) "almofada, coxín". Por último, citarémo-lo esp. almarjo "planta da sosa", do hispanoárabe mar¡o, relacionado co étimo xa citado de marjal (DCECH s.v. almarjo). En todo caso, sorprende na nosa voz a alternancia das grafías g / j. |
____ | ____ |
Nos repertorios galegos modernos está recollido en E. Rodríguez co seguinte significado: "Además de peca o mancha cutánea, significa mancha de distinto color en una tela, en el suelo -por ejemplo en un prado o en una tierra de cultivo que presenta algún trozo más desarrollado o de distinto color- o en un animal" (apéndice, s.v. marxa), e maila forma atestada en cast. no Frampas II: marxal "medida agraria de 436,7 áreas en partes de Lugo y Ourense". |