logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra margee como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.1 Rows
- Número de acepcións atopadas: 1.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
margẽe
{[margee]}
subst. subst. 'marxe, medida agraria de terra'. Hoxe esta acepción non aparece recollida nos diccionarios galegos nin portugueses. Na documentación notarial medieval manexada vese que o seo uso é moi limitado no tempo (en dous documentos do ano 1412 e nun do 1419); por outra banda é interesante comprobar que é palabra descoñecida fóra da bisbarra de Noia. Non aparece nos documentos notariais do mosteiro de Santa María de Montederramo nin nos de San Estevo de Ribas del Sil. Margẽe, "Jten outra leyra, que son trijnta e hũa margẽe, que parte desla herdade dos Montõos ata o marco que está ontre esta et a leira" 28.47 (1412). Márgees, "Jtẽ máis seis márgees en meo Villar" 32.113 (1419). Márgẽes, "jtem ẽno Barreyro d' Agramar quatro márgẽes de herdade" 26.32 (1412); "outras quatro márgẽes de herdade en hũu dos cabos" 26.36 (1412); "jas en Ameyxyeyras quatro márgẽes so a Moroça et leixã por so a Moroça dúas márgẽes et tomẽ logo quatro" 26.48, 49 (1412); "sobre a leira do Seyxo tres márgẽes que jasẽ jũtas cõ bouçõ et destas veẽ vos dúas márgẽes ẽna leyra do tallo" 26.52 (1412). Con esta grafía hai 31 ocorrencias vid. listado s.v. márgẽes. Marges, "son dez et oyto marges" 28.65 (1412).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL